A tempada 1992-1993 da Liga Española de rugby foi a vixésimo sexta edición da máxima categoría do rugby en España. A liga contou con 12 equipos participantes. O calendario da competición estivo formado por 16 xornadas. Trala liga regular, os dous primeiros equipos da táboa disputaron a final polo título, con encontros de ida e de volta. Ó remate do campionato o Getxo Rugby Taldea saíu campión por primeira vez na súa historia.
Sistema de puntuación O sistema de puntuación foi o seguinte: 2 puntos por vitoria. 1 punto por empate. 0 puntos por derrota.
Clasificación División de Honra — Tempada 1992/93PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.PFPC 1 Getxo RT26 16 13 0 3 407 177 2 CR Liceo Francés26 16 13 0 3 395 228 3 CR Ciencias24 16 12 0 4 462 240 4 CR Cisneros20 16 10 0 6 301 232 5 UE Santboiana 19 16 9 1 6 351 224 6 CD Arquitectura18 16 9 0 7 429 257 7 CR El Salvador18 16 9 0 7 307 245 8 Bera Bera RT13 16 6 1 9 255 268 9 BUC12 16 6 0 10 287 455 10 VRAC10 16 5 0 11 256 308 11 CN Montjuic4 16 2 0 14 196 433 12 Gernika RT2 16 1 0 15 129 708<<<< 1991/92 — Tempadas — 1993/94 >>>>
En azul os equipos clasificados para a final polo título (1º e 2º). En rosa as posicións de playoff pola permanencia (9º, 10º, 11º e 12º).<noinclude>
Final O encontro de ida xogouse o 28 de marzo e o encontro de volta o 4 de abril. Ida Liceo Francés 13 - 31 Getxo Volta Getxo 40 - 8 Liceo Francés
O Getxo Rugby Taldea acadou o campionato nacional de liga, con 26 puntos en 16 xornadas, e logo de bater ó Liceo Francés na final. Foi o 1º título de liga para o club vasco.
Descenso As eliminatorias pola permanencia xogáronse nas mesmas datas que a final do campionato. Ida Gernika 5 - 39 BUC Montjuic 22 - 12 VRAC Volta BUC 50 - 6 Gernika VRAC 21 - 9 Montjuic
O BUC e o VRAC acadaron a permanencia. O Gernika e o Montjuic perderon a categoría.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Clasificación final da tempada regular na hemeroteca de El Mundo Deportivo Encontro de volta da final da liga na hemeroteca de El Mundo Deportivo
Categoría:Rugby en 1993 Categoría:División de Honra de Rugby