Ramón Fonst Segundo, nado na Habana o 31 de xullo de 1883 e finado na mesma cidade o 9 de setembro de 1959, foi un tirador de esgrima cubano, gañador de cinco medallas olímpicas.

Traxectoria

Participou con 16 anos nos Xogos Olímpicos de 1900 celebrados en París, gañando a medalla de ouro na proba individual de espada ao derrotar ao francés Louis Perrée na final, converténdose no primeiro deportista latinoamericano en gañar un ouro olímpico. Nos mesmos Xogos gañou a medalla de prata na proba individual de espada afeccionados-profesionais. Nos Xogos Olímpicos de 1904 de St. Louis logrou revalidar a súa medalla na proba individual de espada, gañando outra medalla de ouro na proba individual de florete e mais na de equipos, se ben esta última baixo un equipo mixto. Vinte anos despois participou nos Xogos Olímpicos de 1924 de París, participando na proba individual e por equipos de espada, sen chegar a recibir medallas. Entre 1941 e 1946 foi o presidente do Comité Olímpico de Cuba

Véxase tamén Ligazóns externas www.olympic.org - Ramón Fonst www.sports-reference.com - Ramón Fonst

Categoría:Nados en 1883 Categoría:Nados na Habana Categoría:Finados en 1959 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Cuba Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Cuba Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Cuba Categoría:Presidentes dun Comité Olímpico nacional Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1900 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1904 Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1900 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1904 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924