Carlos Vázquez Fernández-Pimentel, máis coñecido como Carlos Vázquez Pimentel, nado en Lugo e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 1984,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 24-3-1984, p. 42. foi un médico e político galego.
Traxectoria Irmán do poeta Luís Pimentel. Traumatólogo, exerceu no Sanatorio Pimentel de Lugo. Participou na reorganización da Agrupación Socialista de Lugo en 1930. Foi elixido concelleiro e foi tenente de alcalde na primeira corporación republicana e vogal Comisión Xestora Provincial (entre maio de 1931 e febreiro de 1934). Foi candidato do PSOE nas Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. A finais de febreiro de 1934 foi elixido alcalde de Lugo, logo da dimisión de José Cobreros de la Barrera, permanecendo no posto ata outubro dese ano. Formou parte da xunta do Museo Provincial de Lugo.
Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado cunha multa de 25.000 pesetas e confinado primeiro en Palencia en decembro de 1937 e despois en Castropol (de marzo de 1938 a marzo de 1939). Foille levantada a sanción logo de atender varios feridos a conta do sanatorio Pimentel e doar cantidades superiores a 39.000 pesetas para o Exército e milicias e o primeiro piso da súa casa para Secretaría de Falange. En 1940 foi expedientado por responsabilidades políticas e sancionado co pago de 100 pesetas.80 aniversario do Museo Provincial de Lugo. Crónica dun acto
Vida persoal
Casou en xaneiro de 1935 con Carmen Llamas Montero,La Voz de Galicia, 27-1-1935, p. 8. que finou en 1979,La Voz de Galicia, 25-1-1979, p. 49. e foi pai de Carlos, Germán, Felipe e Isabel Vázquez-Pimentel Llamas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo
Categoría:Médicos de Lugo
Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1984