Camilo López Pardo, nado cara a 1895 e finado en Lugo o 7 de maio de 1963, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Membro do grupo republicano de Lugo (1930). Foi candidato a deputado da Alianza Republicana pola provincia de Lugo nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, pero non foi elixido. Militante do Partido Radical, do que foi secretario do Comité provincial, foi nomeado membro da Xestora municipal e elixido alcalde de Lugo en outubro de 1934, permanecendo no posto ata as eleccións de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 7 de setembro de 1936. Foi posto en liberdade o 27 de xaneiro de 1938. O Tribunal de Responsabilidades Políticas abriulle expediente.BOE, 21-4-1941, p. 1553. Finou en Lugo o 7 de maio de 1963.Necrolóxica en El Progreso, 8-5-1963, p. 14.
Vida persoal Casou con Emilia Bonet Peñalver.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo
Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Finados en 1963