John Trudell, nado o 15 de febreiro de 1946 en Omaha (Nebraska) e finado en Santa Clara (California) o 8 de decembro de 2015, foi un actor, poeta e activista nativo americano. Durante os anos 1970, foi o presidente do American Indian Movement, con base en Minneapolis, Minnesota. Logo da tráxica morte da súa familia, Trudell comezou a escribir e actuar. Actuou en tres filmes nos anos 1990. O documental Trudell (2005) trata da súa vida como activista e artista.
Infancia Trudell naceu en Omaha, Nebraska sendo fillo de pai Santee Sioux e de nai mexicana. Medrou nunha pequena vila da Reserva Santee Sioux no norte de Nebraska. Foi educado en colexios locais e tamén na cultura Santee Sioux.
Servizo militar En 1963, con 17 anos de idade, Trudell abandonou o instituto para unirse ó Armada dos Estados Unidos de América. Serviu durante os primeiros anos da Guerra de Vietnam e estivo no exército ata 1967.
Despois diso, estivo dous anos ensinando radio e locución nun colexio de San Bernardino (California). Decidiu traballar no activismo político.
Matrimonio e familia En 1968, Trudell casou coa súa primeira muller, Fenicia "Lou" Ordonez. En 1972, Trudell casou con Tina Manning, unha activista da tribo shoshone. Tiveron tres fillos xuntos: Ricarda Star, Sunshine Karma e Eli Changing Sun. En febreiro de 1979, Tina (que estaba embarazada), os nenos e a súa nai Leah Hicks-Manning morreron nun incendio na casa dos seus pais na Reserva Duck Valley. O seu pai Arthur sobreviviu. Trudell estaba fóra da vila ese día.
Discografía John Trudell apareceu nos seguintes álbums:Rolling Stone Discography: John Trudell 1983 Tribal Voice 1986 Original A.K.A. Graffiti Man 1987 ...But This Isn't El Salvador 1987 Heart Jump Bouquet 1991 Fables and Other Realities 1992 Child's Voice: Children of the Earth 1992 A.K.A. Graffiti Man 1994 Johnny Damas & Me 1999 Blue Indians 2001 Descendant Now Ancestor 2001 Bone Days (producido pola actriz Angelina Jolie) 2007 Madness & The Moremes (dobre álbum) 2010 Crazier Than Hell
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Actores de Nebraska Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Nados en Omaha, Nebraska Categoría:Nados en 1946 Categoría:Pobo dakota Categoría:Indixenistas de América Categoría:Activistas nativos americanos Categoría:Membros do American Indian Movement