Mariel Zagunis, nada en Beaverton o 3 de marzo de 1985, é unha tiradora de esgrima norteamericana, gañadora de catro medallas olímpicas.
Traxectoria Filla de Robert e Cathy Zagunis, que participaron nos Xogos Olímpicos de 1976 na categoría de remo. Mariel foi a primeira deportista norteamericana en lograr o título de campión no Campionato do Mundo de Esgrima Xuvenil no ano 2002, revalidando o título en 2003 e 2004. Participou, aos 19 anos nos Xogos Olímpicos de 2004 celebrados en Atenas ao decidir Nixeria non enviar a súa representante Zagunis wins gold, leads U.S. sweep in fencing event. USA Today, e conseguiu gañar a medalla de ouro na proba individual de sabre. Nos Xogos Olímpicos de 2008 de Pequín revalidou o seu título olímpico e tamén gañou a medalla de bronce na competición de sabre por equipos na primeira edición que esta disciplina formaba parte do programa olímpico. Nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres foi o portabandeira do equipo olímpico norteamericano pero non logrou medalla ao perder coa ucraína Olha Kharlan na loita pola medalla de bronce.
Ao longo da súa carreira gañou seis medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, tres delas de ouro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
www.olympic.org - Mariel Zagunis www.sports-reference.com - Mariel Zagunis
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Esgrimistas olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Washington, Oregón Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2020