miniatura|250px|Moeda coa efixie de Herodes Agripa I Herodes Agripa I, de nome completo Marco Xulio Agripa Herodes, nado o ano 10 a.C. e finado en Cesarea o ano 44, foi rei de Xudea entre os anos 41 e 44.
Traxectoria Foi neto de Herodes o Grande (74 a.C. - 4 a.C.) e de Mariamme, e fillo de Aristóbulo IV e de Berenice.
No ano 7 a.C. Herodes o Grande mandou executar os seus fillos, Aristóbulo e Alexandre, sospeitando deslealdade, polo que a nai de Agripa decidiu leval a Roma, onde foi educado. Alí acabou co seu patrimonio nunha vida licenciosa para, ó final, ter que fuxir de Roma e ir a Palestina para vivir co seu tío Herodes Antipas. No ano 36 regresou a Roma e trabou amizade con Caio César, máis coñecido como Calígula, neto adoptivo do emperador Tiberio, ata o punto de propoñer que este debía ceder o trono a Calígula, quen sería mellor gobernante. Este comentario motivou que Tiberio o mandase prender e meter na cadea.
Ó cabo de seis meses, Tiberio morreu (ano 37) e foi sucedido por Calígula, que inmediatamente puxo en liberdade a Herodes Agripa e o compensou cunha cadea de ouro do mesmo peso que a cadea de ferro que levara no cárcere. A maiores, nomeouno gobernador de Batanea, Iturea e Traconítide, e mais a terra dos Lisanias (Abilene), no noroeste de Damasco. No ano 39, Calígula enviou ó desterro a Herodes Antipa e cedeu a Agripa o seu tetrarcado.)
miniatura|250px|Escena da decapitación de Santiago, na Porta Santa da Catedral (Suso León, 2004) En xaneiro do ano 41, Calígula foi asasinado pola súa garda e nomeouse emperador a Claudio (Tiberio Claudio Nerón Druso Xermánico), quen nomea a Agripa rei dos xudeus, con mando en toda a terra de Palestina. Agripa instalouse na capital, Xerusalén, onde ordena construír unha terceira muralla, que quedou inconclusa. Para gañar o favor dos xudeus, perseguíu ós cristiáns, ordenando a decapitación do apóstolo Santiago (ano 44) e o encarceramento de San Pedro, que foi liberado milagrosamente, tal como narra o Evanxeo de San Lucas (nos Feitos dos Apóstolos):
Segundo narra Flavio Josefo , Herodes Agripa morreu no transcurso dunha festa en Cesarea en honor ó emperador Claudio. Parece ser que ó pouco de chegar á festa comezou a sentirse mal e morreu ó cabo de cinco días. Como fose que o seu único sucesor era un seu fillo adolescente, o futuro Herodes Agripa II, Claudio determinou que a provincia de Xudea volvese ó goberno dos procuradores romanos.
Este momento tamén vén recollido no Evanxeo de San Lucas:
Véxase tamén Bibliografía mcnbiografías.com
Ligazóns externas
A morte de Herodes Agripa I nas Virtutes Ioannis Enciclopedia Católica
Categoría:Personalidades do xudaísmo Categoría:Personalidades de Israel Categoría:Xudea (provincia romana)