A camomila brava ou macela bravaNomes vulgares galegos en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 e Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004 (Anthemis arvensis) é unha herba anual nativa de Europa pertencente á familia das asteráceas.
Descrición É unha planta herbácea anual, de até 50 cm de altura. Os talos son glabros, moi numerosos, de cor avermellada na rexión basal tornándose averdados máis preto do extremo. As follas son bi- ou tripinnatisectas, cos folíolos lineares. Florea cara finais da primavera, formando un capítulo terminal con flores liguladas brancas unisexuais, e flosculosas tubulares, amarelas, hermafroditas no disco. As lígulas extremas de cor branca son regulares, tridentadas e ovadas, de até 1 cm de lonxitude; caen cara a abaixo laxamente tras a floración, tapando o invólucro pero sen chegar a se caer. As flores externas ábrense antes. O receptáculo entre as flores é escamento. O froito é un aquenio liso, de sección cuadrangular ou arredondada.
Hábitat Medra en gabias e beirís de camiños, e como mala herba en leiras.
Propiedades Indicacións: febrífugo, resolutivo, vermífugo.
Taxonomía Anthemis arvensis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 894. 1753. miniatura|220px Anthemis chevalieri Sennen Anthemis gemmelarii Tineo Anthemis granatensis Boiss. Anthemis sallei Sennen & Elías Anthemis agrestis Wallr. Anthemis anglica Spreng. Anthemis kitenensis Thin Anthemis sallei Sennen & Elias Chamaemelum arvense (L.) Hoffmanns. & Linkhttp://www.theplantlist.org/tpl/record/gcc-110396 en PlantList Anthemis cyllenea Halácsy subsp. incrassata (Loisel.) Nyman Anthemis australis Willd. Anthemis clavata Guss. Anthemis gemmellarii Tineo Anthemis incrassata Loisel. Anthemis nicaeensis Willd. Anthemis pedunculata var. laevis (Emb. & Maire) Maire Anthemis ruthenica subsp. requienii Nyman Anthemis tuberculata var. laevis Emb. & Mairesubsp. incrassata en PlantList subsp. sphacelata (C.Presl) R.Fern. Anthemis brevifolia Lojac. ''Anthemis sphacelatasubsp. sphacelata en PlantList
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Anthemis Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753