Daniel Revenu, nado en Melun o 5 de decembro de 1942, é un tirador de esgrima francés, xa retirado, gañador de seis medallas olímpicas.

Traxectoria Fillo do mestre de armas Ernest Revenu, foi especialista na modalidade de florete e con 21 anos participou nos Xogos Olímpicos de 1964 celebrados en Tokyo, gañando a medalla de bronce na proba individual e por equipos de florete. Nos Xogos Olímpicos de 1968 de México revalidou a súa medalla de bronce en individual e logrou unha de ouro na proba por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1972 de Múnic quedou eliminado nas semifinais na proba individual pero gañou a de bronce por equipos, metal que revalidou nos Xogos Olímpicos de 1976 de Montreal.

Ao longo da súa carreira voi tres veces campión de Francia (1963, 1965 e 1974) e gañou seis medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, dúas delas de ouro. É autor de estudos, manuais e libros de divulgación sobre a esgrima e o seu ensino: Escrime et éducation (1974), Contribution à l'étude de la personnalité de l'escrimeur (1979), Les Fiches de l'éducateur (1985), Manuel de l'éducateur (1985), Initiation à l'escrime: une démarche pour l'école (1985), con Raymond Thomas escribiu L'escrime (1992) para a colección Que sais-je ?.

Véxase tamén Ligazóns externas www.olympic.org - Daniel Revenu www.sports-reference.com - Daniel Revenu

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Francia Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Francia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Francia Categoría:Nados no departamento de Sena e Marne Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1964 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1964 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1976