Juan Ignacio Diego Palacios, nado en Castro Urdiales, Cantabria, o 18 de maio de 1960, máis coñecido por simplemente Ignacio Diego ou Nacho Diego, é un político español, oitavo presidente de Cantabria desde xuño de 2011 e sétima persoa que ocupa este cargo.

Foi elixido concelleiro no concello de El Astillero nos comicios de 1987 e 1991, e desempeñou as tarefas de alcalde do mesmo municipio tras as eleccións de 1995, 1999 e 2003. Desde 2004 preside o Partido Popular de Cantabria.

Carreira política No ano 1988 foi elixido presidente de Nuevas Generaciones do Partido Popular de Cantabria e foi deputado do Congreso, membro do gabinete da presidencia da Asemblea Rexional e director xeral de Medio Ambiente.

Desde 1995 ocupou o cargo de alcalde do municipio de El Astillero con maioría absoluta e en novembro de 2004 foi elixido presidente do PP de Cantabria, substituíndo a José Joaquín Martínez Sieso no cargo. Ignacio Diego é deputado do Grupo Popular, membro da Comisión de Regulamento e forma parte tamén da Deputación Permanente.

En outubro de 2006 anunciou a súa dimisión como alcalde de Astillero para presentarse á presidencia do Goberno de Cantabria como candidato do PP nas eleccións autonómicas de 2007.«Ignacio Diego anuncia su dimisión como alcalde», en El Diario Montañés Consultado o 2 de agosto de 2013.

Nestes comicios, Ignacio Diego obtivo 17 escanos, polo que non conseguiu a maioría absoluta, dando lugar a que o pacto entre socialistas (PSC-PSOE) e rexionalistas (PRC) se revalidara de novo.

Foi reelixido presidente do Partido Popular de Cantabria co 94,5% dos votos no X Congreso Rexional, celebrado en Santander o 4 de outubro de 2008.

Presidencia de Cantabria Nas eleccións do 22 de maio de 2011 gañou por maioría absoluta os comicios fronte ao anterior presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla. O 23 de xuño do mesmo ano foi investido polo Parlamento como novo presidente autonómico«Ignacio Diego ya es presidente de Cantabria», en El Diario Montañés Consultado o 2 de agosto de 2013. e o luns 27 de xuño tomou posesión como tal.

Cargos desempeñados Presidente de NNGG de Cantabria. Alcalde de El Astillero. (1995-2006) Presidente do PP de Cantabria. (Desde 2004) Deputado do Parlamento de Cantabria. (Desde 2007) Presidente de Cantabria. (desde 2011)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Políticos de Cantabria Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Castro Urdiales Categoría:Políticos do PP Categoría:Presidentes de Cantabria Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid