La Campana foi un semanario que se publicou en Santiago de Compostela en 1923.

Historia e características Subtitulado Semanario popular, apareceu o 5 de maio de 1923. Órgano do Partido Republicano de Santiago de Compostela, foi unha publicación de pequeno formato que saía todos os sábados e constaba de oito páxinas. Entre os seus colaboradores estaban Manuel María González López e Xesús San Luís Romero. Recollía noticias locais e criticaba o labor do Concello. Dedicoulle pouco espazo á literatura. Aínda se publicaba en outubro de 1923.El Compostelano, 3-9-1923, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1923 en Galicia