World War Z é un filme británico-estadounidense dirixido por Marc Forster que se estreou no 2013. O guión de Matthew Michael Carnahan baséase na novela World War Z de Max Brooks. O filme está protagonizado por Brad Pitt no papel de Gerry Lane, un antigo investigador das Nacións Unidas que debe atopar o modo de deter unha pandemia zombi.

Sinopse Cando o mundo comeza a ser invadido por unha pandemia de mortos viventes, o experto investigador das Nacións Unidas Gerry Lane (Brad Pitt) intentará evitar o que podería ser a fin da civilización. A destrución á que se ve sometida a raza humana faille percorrer o mundo enteiro buscando a orixe da horrible epidemia que ameaza á súa familia e ó resto da humanidade.

Personaxes Brad Pitt como Gerry Lane, un antigo membro das Nacións Unidas que é chantaxeado para que investigue a terrible pandemia que se está a espallar por todo o planeta. Mireille Enos como Karin Lane, muller de Gerry e nai de dúas nenas. Fana Mokoena como Thierry Umutoni, Secretario Xeral das Nacións Unidas. Daniella Kertesz como soldado israelí coñecida como "Segen" que acompaña a Gerry cando deixa Israel. James Badge Dale como Capitán Speke, ó cargo do Campamento Humphreys, en Corea do Sur. David Morse como exmembro da CIA prisioneiro por vender armas a Corea do Norte. Ludi Boeken como Jurgen Warmbrunn, Director da Mossad; responsable das defensas preventivas de Israel. Matthew Fox como soldado enviado por Thierry Umutoni para rescatar á familia Lane en Newark. Abigail Hargrove como Rachel Lane, filla máis vella de Gerry e Karin. Sterling Jerins como Constance Lane, filla máis nova de Gerry e Karin. Fabrizio Zacharee Guidoas como Tommy, rapaz que é rescatado pola familia Lane en Newark despois de que os seus pais foran infectados.

Banda sonora En decembro de 2011 publicouse que Marco Beltrami sería o compositor de World War Z. En maio de 2013, a banda de rock británica Muse publicou un vídeo na súa canle de YouTube, no cal se revelaba que eles contribuirían na banda sonora de World War Z, e as cancións "Isolated System" e "Follow me" foron usadas. En xuño, Warner Bros. Records lanzou o álbum da banda sonora, que contén as composición orixinais de Beltrami.

Philadelphia (4:03) The Lane Family (2:47) Ninja Quiet (2:54) Searching for Clues (5:33) NJ Mart (4:01) Zombies in Coach (3:43) Hand Off! (2:49) No Teeth No Bite (3:25) The Salvation Gates (4:24) Wales (5:22) Like a River Around a Rock (5:08) Duración total (44:09)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de 2013 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Marc Forster Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Plan B Entertainment Categoría:Filmes de Skydance Productions Categoría:Filmes producidos por Brad Pitt Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Malta Categoría:Filmes rodados en Escocia Categoría:Filmes ambientados en Nova Jersey Categoría:Filmes ambientados en Xerusalén Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Gales Categoría:Filmes ambientados en Corea do Sur Categoría:Filmes ambientados en Nova Escocia Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes de zombis Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX