El palacio de la medianoche é unha novela de aventuras e fantasía, escrita polo autor barcelonés Carlos Ruiz Zafón, posteriormente recopilado na Trilogía de la Niebla, xunto a O príncipe da brétema e Las luces de septiembre.

Argumento Ben e Sheere son dous irmáns xemelgos cuxas vidas tomaron camiños distintos tralo seu nacemento: ela seguiu unha vida errante xunto coa súa avoa, Aryami Bosé, e el pasou a súa infancia nun orfanato. Ambos reencóntranse cando están a piques de cumprir os dezaseis anos: xuntos teñen que evitar caer en mans de Jawahal, un diabólico espectro. Para iso, os mozos contarán coa axuda da Chowbar Society, entidade formada por Ben e outros seis orfos que se reúnen no "Palacio de la Medianoche" e que se prometeron axuda e protección en toda circunstancia.

Personaxes Principais Ben: É a personaxe principal da historia. Ó nacer foi abandonado pola súa avoa nun orfanato. É o líder da Chowbar Society que ten con outros rapaces. Sheere: É a irmá de Ben. Vive coa súa avoa. Viaxan por toda Calcuta. Ela non ten ningunha lembranza dos seus pai. Jawahal: É o malo da novela. Persegue ós protagonistas porque xurou matar ós seus pais.

Secundarios Mr. Thomas Carter: É o director do Orfanato St. Patrick. Vendela: É a enfermeira do Orfanato St. Patrick. Bankim: Un profesor que outrora foi alumno do Orfanato. Lahawaj Chandra Chatterghe: É o pai de Ben e Sheere

Chowbar Society Ian: É o mellor amigo de Ben. Seth: É o que máis le. Michael: É o máis calado da Chowbar Society. Siraj: É o máis espelido de todos.

Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras literarias de 1994