San Cristovo de Muniferral é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 271 habitantes (143 homes e 128 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 389 habitantes.
Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.
miniatura|Muniferral no Catastro de Ensenada (1752). miniatura|Muniferral no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1848).
Xeografía A parroquia de Muniferral ten unha superficie de 13,74 km² e 23 núcleos de poboación.
Situación Está situada no noroeste do concello de Aranga e no leste do arciprestado de Xanrozo.
Limita ó norte coa parroquia de Verís (do concello de Irixoa), ó leste coa de Aranga, ó sur coa de Vilarraso, ó suroeste coa de Fervenzas e ó oeste coa de Feás.
Noroeste: Feás Norte: Verís (Irixoa) Nordeste: Aranga Oeste: Feás 100px|alt=Rosa dos Ventos|ligazón= Leste: Aranga Suroeste: Fervenzas Sur: Vilarraso Sueste: Vilarraso e Aranga
Historia Na reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, os lugares da Carballeira, Os Carneiros, A Casanova, A Castellana, Castrobó, Os Ferreiros, Santiso (de baixo), Solmé, Vilarraso e Vilourís pasaron a formar parte da nova parroquia de Vilarraso.
Demografía No Censo de Pecheros de 1528, a parroquia ten 34 pecheros ―os que teñen que pagar un tributo― mentres no censo de 1591 aparece (xunto con Feás) con 61 veciños, dos cales 59 son pecheros. No Censo do Sal de 1631 aparece o couto de Muniferral con 60 veciños.
Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 120 598 383
Século XIX 1816/17 1826 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 117 156 70 162 173 161 – – Habitantes – 784 286 740 825 857 554En 1867 varios lugares de Muniferral pasaron a formar parte da nova parroquia de Vilarraso. 572
Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 524 571 596 569 602 490 451 432 440 410 389 389
Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 385 366 339 328 328 326 323 315 301 304 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 299 293 289 289 291 291 271 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).
Etnografía Muniferral na cultura popular Monte Salgueiro no alto, / A Castellana tamén; / chegando ao monte de Orosa / xa se ve pasar o tren. Muniferral e Feás, Verís e Cambás, todos xuntos non valen cen reás. No Monte Salgueiro hai boas mozas, / na Castellana a flor delas, / e ao pasar o monte de Orosa / caravillas prás cancelas. Os de Feás matan a besta, / os de Coruxou cómena fresca, / Churio, Muniferral e Cambás / non valen cen reás.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Muniferral
Parroquias de Aranga
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Aranga
Categoría:Parroquias de Aranga Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo