Invasor é un filme galego dirixido por Daniel Calparsoro que se estreou no 2012. Baséase na novela homónima de Fernando Marías. O filme foi rodado en Madrid, nas Illas Canarias e a cidade da Coruña.Rodaxe de Invasor en Screendaily.com
Sinopse Pablo é un médico militar enviado en misión de paz a Iraq durante a guerra de 2003. Nunha saída rutineira, o seu convoi é atacado no deserto. El e o seu amigo Diego logran salvarse refuxiándose nunha casa deshabitada. Convalecente, é devolto á casa xunto coa súa muller e filla. Ó ir recuperando as lembranzas comeza a sospeitar que lle ocultan información e négase a secundar a versión oficial dos feitos. Comeza para entón un pesadelo para el e a súa familia.
Personaxes Alberto Ammann como Pablo Inma Cuesta como Ángela Karra Elejalde como Baza Antonio de la Torre como Diego Luis Zahera Alex Hafner como Executor americano Sofía Oria como Pilar Benjamin Nathan-Serio como Soldado americano Isabel Blanco como Doutora Fran Peleteiro como Ramón
Galardóns e nomeamentos 2012: Premios Goya: 5 nomeamentos, incluíndo mellor guión adaptado.
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado11ª ediciónMellor filmeDaniel CalparsoroNomeadoMellor directorDaniel CalparsoroNomeadoMellor actor secundarioAntonio de la TorreNomeadoAntonio de la TorreNomeadoMellor actriz secundariaInma CuestaNomeadaMellor guiónJavier Gullón e Jorge ArenillasNomeadosMellor dirección de produciónJordi BerenguerNomeadoMellor dirección artísticaJuan Pedro GasparNomeadoMellor montaxeAntonio Frutos e David Pinillos GañadoresMellor sonSergio Bürmann, James Muñoz e Nicolás de PoulpiquetNomeadosMellor maquillaxe e peiteadoRaquel Fidalgo e Paco RodríguezNomeadas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no soportal do audiovisual galego.
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes de Vaca Films Categoría:Filmes de Morena Films Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Daniel Calparsoro Categoría:Filmes rodados na Coruña