A guerra das Galias foi un conflito militar librado entre o procónsul romano Xulio César e as tribos galas entre o ano 58 e 51 a. C.. No curso destas, a República Romana someteu á Galia, extenso país que abranguía dende o Mediterráneo ata a Canle da Mancha. Os romanos tamén realizaron incursións a Britania e Xermania, pero estas expedicións non chegaron a transformarse en invasións en grande escala. A Guerra das Galias culminou na batalla de Alesia en 52 a. C., onde os romanos puxeron fin á resistencia organizada dos galos. Esta decisiva vitoria romana supuxo a expansión da República romana sobre todo o territorio galo. As tropas empregadas durante esta campaña conformaron o exército co que o xeneral marchou sobre a capital da República.
Pese a que César xustificou esta invasión como unha acción defensiva preventiva, a maioría dos historiadores coinciden en que o principal motivo da campaña foi potenciar a carreira política do xeneral e cancelar as súas grandes débedas. Porén, ninguén pode obviar a importancia militar deste territorio para os romanos, que tiñan sufrido varios ataques por parte de tribos bárbaras que chegaron tanto da Galia como do norte francés. A conquista destes territorios permitiu a Roma asegurar a fronteira natural do río Rin.
Esta campaña militar é descrita extensamente polo propio Xulio César na súa obra De bello Gallico (traducida ó galego no 2019 por Alfonso Blanco Quintela baixo o título A guerra da Galia, fonte histórica de maior importancia sobre esta campaña e obra máis importante do xeneral. O libro é tamén unha obra mestra de propaganda política, xa que César estaba sumamente interesado en influír ós seus lectores en Roma.
Contexto político No ano 58 a. C., Xulio César rematou o seu consulado en Roma. O ex-cónsul estaba moi endebedado desde o seu edilato, mais, sendo membro do Primeiro Triunvirato (a alianza política composta por el mesmo, Marco Licinio Craso e Pompeio) obtivera o goberno de dúas provincias: Galia Cisalpina e Ilírico. Cando Quinto Cecilio Metelo Céler, gobernador da Galia Transalpina, morreu de forma inesperada, César foi nomeado tamén gobernador desta provincia. Mediante votación, levada a cabo no Senado, ditaminouse que César gobernara sobre estes territorios durante o sorprendente período dun lustro.
Inicialmente, César contaba con catro lexións veteranas baixo o seu mando directo: Legio VII, Legio VIII, Legio IX Hispana e Legio X. César coñecía persoalmente a maioría (talvez a todas) esas lexións, posto que fora gobernador da Hispania Ulterior en 61 a. C. e xunto a elas fixera magas nunha campaña contra os lusitanos. Entre os seus legados encontrábanse seus curmáns Lucio Xulio César e Marco Antonio, Tito Labieno, Décimo Xunio Bruto Albino, Caio Trebonio, Aulo Hircio e Quinto Tulio Cicerón (irmán máis novo de Marco Tulio Cicerón). Ademais, César tiña a autoridade legal para recrutar máis lexións e tropas auxiliares se así o cría conveniente.
Probablemente, a ambición de César era realizar unha campaña que o enxalzara e aliviara a súa situación económica, pero é discutible que elixira os galos como obxectivo inicial. O máis probable é que César estivese planeando unha campaña contra o reino de Dacia, nos Balcáns.Moitos eruditos discuten que os Balcáns foran o obxectivo inicial de César, incluíndo Adrian Goldsworthy. A base para a discusión vén dada polas provincias que César reclamou primeramente para si (Galia Cisalpina e Ilírico), e polo posicionamiento de tres das súas catro lexións en Aquileia.
Por outra parte, as tribos galas eran civilizadas, ricas e atopábanse completamente divididas. Moitas delas comerciaban con mercadores romanos e foran xa influídas pola cultura romana. Algunhas incluso mudaran os seus sistemas políticos, abandonando a monarquía tribal para instalar repúblicas inspiradas na romana.
Os romanos respectaban e temían os galos e as tribos xermánicas. Había só 45 anos, no ano 109 a. C., que Italia fora invadida por unha gran migración xermana e rescatada tras varias sanguentas e custosas batallas lideradas polo xeneral Caio Mario. Había pouco tempo, a tribo xermánica dos suevos migrara ao territorio da Galia encabezada polo seu líder, Ariovisto. Parecía que as tribos volveran poñerse en movemento, e iso ameazaba de novo a existencia da República.
O transcurso da campaña Guerra contra os Helvecios
Migración helvecia
miniatura|200px|Un mapa da Galia no século -I onde pode verse a posición relativa dos helvecios e os sécuanos. No ano 61 a. C., instigados por Orxétorix, os helvecios comezaron a planificar e organizar unha migración masiva. Os líderes dos helvecios non estaban satisfeitos coa extensión do seu territorio, cercados polas tribos xermánicas, os sécuanos celtas e os romanos da Galia Narbonense. En materia diplomática, Orxétorix negociou cos sécuanos e os heduos, e estableceu tamén contactos persoais e unha alianza con Cástico e Dúmnorix, chegando incluso a casar coa filla do último. César acusou os tres homes de ansiar ser coroados reis. Durante tres anos, os helvecios preparáronse para a guerra, trazando plans e enviando emisarios a varias tribos galas para procurarse salvocondutos e alianzas.Caio Xulio César, De Bello Gallico, Libro 2 II-III
No 58 a. C. a tribo de Orxétorix deuse conta da súa ambición e xulgaron o seu líder. Aínda que conseguiu escapar, acabou morrendo e sospeitouse que incluso puidera terse suicidado. Non obstante, todo este asunto non evitou que os helvecios continuaran adiante cos seus plans. Debido ás súas loitas constantes e distancia, os helvecios eran unha tribo guerreira e o seu gran número de habitantes representaba unha grande ameaza para calquera que se lles opuxese. Cando se puxeron en marcha, o 28 de marzo segundo os datos que achega César, incendiaron todas as súas aldeas e vilas para eliminar calquera tentativa de retirada. Tamén se uniron a eles outras tribos veciñas: os ráuracos, os tulingos, os latobicos e os boios. Ante eles, había dúas rutas posibles: a primeira era a través do perigoso e complicado Pas de l'Ecluse, situado entre a cordilleira do Xura e o río Ródano; a segunda, que era moito máis simple, levaríaos á vila de Xenebra, onde o lago Léman desemboca no Ródano e unha ponte permitía o cruzamento do río. Estas terras pertencían aos alóbroxes, unha tribo que fora sometida por Roma e, polo tanto cuxo territorio se encontraba baixo a esfera de influencia da República romana.Caio Xulio César, De Bello Gallico, Libro I IV-VI
No Lago Léman Por aquelas, César atopábase en Roma, deixando unha única lexión na Galia Transalpina encontrándose esta en perigo. Ao ser informado destes acontecementos, inmediatamente apresurou a súa marcha cara a Xenebra e, ademais de ordenar a leva de varias tropas auxiliares, ordenou a destrución da ponte. Os helvecios enviaron unha embaixada baixo o mando de Nameio e Veruclecio para negociar o paso do seu pobo polo seu territorio, prometendo non provocar ningún dano. César estancou as negociacións, tratando de gañar tempo para que as súas tropas fortificasen as súas posicións ao outro lado do río mediante unha muralla de case cinco metros de alto e unha gabia que corría paralela a esta.Caio Xulio César, De Bello Gallico, Libro I VII-VIII
miniatura|300px|left|Mapa da Guerra das Galias. Cando a embaixada regresou, César rexeitou de maneira oficial a súa petición e advertiunos de que calquera intento de cruzar o río pola forza sería contrarrestado. Rexeitáronse inmediatamente varios intentos. Os helvecios regresaron sobre os seus pasos e iniciaron negociacións cos sécuanos para que os deixasen pasar pacificamente. Tras deixar a súa única lexión baixo a dirección do seu segundo ao mando, Tito Labieno, César dirixiuse rapidamente cara á Galia Cisalpina. Alí asumiu o mando das tres lexións situadas en Aquileia e recrutou outras dúas novas lexións, a Legio XI e a Legio XII. Á fronte destas cinco lexións, César cruzou os Alpes polo camiño máis curto, atravesando territorios hostís e enfrontándose ao seu paso a varias tribos.Caio Xulio César, De Bello Gallico, Libro I IX-X
Persecución dos helvecios
Mentres tanto, os helvecios xa cruzaran o territorio dos sécuanos e saqueaban as terras dos heduos, ambarros e alóbroxes. Estas tribos, incapaces de enfrontarse a eles, solicitaron axuda a César como aliadas de Roma. César accedeu e sorprendeu os helvecios cando atravesaban o río Arar (o actual río Saona). Tres cuartas partes dos helvecios xa cruzaran, pero o outro cuarto, os tigurinos (un clan helvecio), permanecía na marxe oriental. Tres lexións, baixo o mando de César, emboscaron e derrotaron os tigurinos na batalla do Arar, causándolles grandes perdas. Os tigurinos superviventes fuxiron ao bosque próximo.Caio Xulio César, De Bello Gallico, Libro I XI-XII
Tras a batalla, os romanos construíron unha ponte sobre o Arar para perseguir os demais helvecios, estes enviaron unha embaixada liderada por Divicón, pero as negociacións fracasaron. Os romanos mantiveron a súa persecución durante quince días ata que tiveron problemas de subministración. Aparentemente, Dúmnorix estaba facento todo o posible por atrasar a chegada desta subministración, polo que os romanos abandonaron a persecución e dirixíronse para a fortaleza hedua de Bibracte. A sorte cambiou e os helvecios comezaron a perseguir os romanos, fustrigando a súa retagarda. César escolleu un alto próximo para plantar batalla e as lexións romanas detivéronse para enfrontarse aos seus inimigos.Caio Xulio César, De Bello Gallico, Libro I XIIICaio Xulio César, De Bello Gallico, Libro I XIV-XVCaio Xulio César, De Bello Gallico, Libro I XXIII
Na batalla de Bibracte as lexións venceron os seus opoñentes e os helvecios, derrotados, ofreceron a súa rendición, ao que César accedeu. Non obstante, 6.000 homes do clan helvecio dos verbixenos fuxiron para evitar ser capturados. Baixo ordes de César, outras tribos galas capturaron e trouxeron os fuxitivos, que foron executados. Os que se renderan recibiron a orde de regresar á súa terra para reconstruíla e organizar a provisión de subministración para alimentar as lexións, posto que eran un recurso moi útil como tapón entre os romanos e outras tribos do norte para permitir que migrasen a outra parte. No campamento helvecio capturado encontrouse un censo escrito en grego: dun total de 368.000 helvecios, dos cales 92.000 eran homes sen discapacidades, só 110.000 sobreviviron para regresar ao seus fogares.Caio Xulio César, De Bello Gallico, Libro I XXIV-XXIX
miniatura|700px|center|Mapa da Batalla de Bibracte.
A guerra contra os suevos
Chegada dos suevos
Tras a vitoriosa campaña, varios aristócratas galos de case todas as tribos acudiron a felicitar a César pola súa vitoria. Reunidos nun consello galo para discutir certas cuestións, invitaron a Xulio César.Caio Xulio César, De Bello Gallico, Libro I XXX
Nesta reunión os delegados queixáronse de que, debido ás loitas entre os heduos e os arvernos, estes últimos contrataran un gran número de mercenarios xermánicos. Os mercenarios, liderados por Ariovisto, rei dos suevos, traizoaran os arvernos e tomaran como reféns varios dos fillos dos aristócratas galos. Ademais, gañaran distintas batallas, recibindo moitos reforzos, co que a situación estaba descontrolada.
As negociacións
Entón, César mandou emisarios a Ariovisto, propoñéndolle unha reunión, para discutir o asunto, pero Ariovisto negouse, dicindo que non confiaba en César, e era moi custoso trasladar o seu exército ao sur. César respondeulle dicíndolle, que entón el pasaría a ser o seu inimigo, debido aos agravios que fixeran aos aliados de Roma, e terse negado a entrevistarse cos seus aliados.