Faustino Cela Sanmartino, coñecido como Cuco, nado en San Martín de Neira de Rei (concello de Neira de Xusá) cara a 1898 e finado nos anos oitenta, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Estudou o bacharelato no Instituto de Lugo. Organizou con Evaristo Correa Calderón, Paulino Pardo Neira e Casiano Díaz Moreno a Irmandade da Fala de Baralla en 1917. Licenciouse en Dereito en 1923.El Progreso, 8-8-1923, p. 2. Foi cabo do Somatén de Neira de Xusá (1924),Boletín Oficial del Cuerpo de Somatenes Armados de la 8ª Región, 3-2-1924, p. 11. e secretario do Concello de Neira de Xusá dende 1925, cesando no posto en 1927 por traslado a Becerreá.El Correo de Galicia, 1-5-1927, p. 7. Foi un dos asinantes do manifesto anticaciquil dirixido ao distrito de Becerreá en maio de 1930 con Mauro Fernández, José de Boado e Octavio García."Galicia en marcha", El Pueblo Gallego, 13-5-1930, p. 9. Participou no mitin agrario de Becerreá do 28 de marzo de 1931.El Pueblo Gallego, 2-4-1931, p. 7. Na República militou na ORGA,El Pueblo Gallego, 13-3-1932, p. 7. foi elixido vogal do Comité provincial do Partido Republicano Gallego polo partido de Becerreá en maio de 1932,Las Riberas del Eo, 14-5-1932, p. 10. e despois foi directivo de Izquierda Republicana en Neira de Xusá. Foi secretario interino do Concello de Neira de Xusá ata outubro de 1934.BOP Lugo, 30-4-1935, p. 2.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Encartado na causa 190/37 por rebelión militar, foi reclamado polo Xulgado Militar de Lugo en agosto de 1937.BOP Lugo, 10-8-1937. p. 2. Foi xulgado en Lugo por rebelión e declarado en rebeldía. Foi sancionado con multa polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en 1940.BOE, 8-6-1940, p. 2787. Despois de estar fuxido, agochado no mosteiro de Samos e exiliado, volveu en 1949. Retomouse o proceso polo delito de auxilio á rebelión e foi sobresido. Colaborou coa guerrilla antifranquista. Volveu exercer como avogado a partir dos anos cincuenta.

Vida persoal Casou en Lugo con Rosalía Iglesias Rodríguez, filla de Manuel Iglesias Chaos, en xaneiro de 1930,El Progreso, 11-1-1930, p. 3. e foi pai de Manuel Cela Iglesias.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Construción e destrución da cidadanía societaria: Dinámica social e política da provincia de Lugo na Segunda República e nos primeiros anos do franquismo (1930-1950) Ficha en represión franquista en Lugo

Categoría:Avogados de Galicia

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Baralla Categoría:Nados en 1898