A batalla de Vercellae, tamén coñecida como a batalla da chaira de Raudine, tivo lugar no ano -101 e nela enfrontáronse a República Romana, dirixida polo cónsul Caio Mario e unha gran forza de invasión da tribo xermánica dos cimbros, preto da asentamento de Vercellae, na Galia Cisalpina.

Os cimbros foron virtualmente varridos, con máis de 140.000 mortos e 60.000 capturados, incluíndo un gran número de mulleres e nenos. Tamén se lle deu gran parte do mérito desta vitoria ó entón legado de Quinto Lutacio Catulo César, Lucio Cornelio Sila, que dirixiu a cabalería romana e italiana.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Theodor Mommsen, Historia de Roma, Alemaña, orixinal de 1854-1856. Lucio Anneo Floro, Compendio da historia romana (Epitome rerum Romanarum). Malcolm Todd, Os bárbaros - godos, francos e vándalos. Londres, orixinal de 1972.

Ligazóns externas

Categoría:-101 Categoría:Batallas do século -II