O castro de Areosa-Xuanzo é un castro situado no lugar da Areosa na parroquia de Cullergondo, no concello coruñés de Abegondo. Foi achado na elaboración do Plano Xeral de Ordenación Municipal de Abegondo por referencias toponímicas e pola posterior exploración do lugar.

Morfoloxía O castro é un amplo recinto curcular nun esporón en fronte ao rego do Corveiro. A morfoloxía non está determinada, mais hai restos de muralla e muros de cachote de certa altura no sector suroeste, posibles zonas de acceso ao castro desde o exterior.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Areosa-Xuanzos Categoría:Abegondo sen imaxes Categoría:Castros de Galicia sen imaxes