Severino Pellit Varela, nado en Oroso en 1899 e finado en México o 11 de abril de 1950, foi un veterinario e político galego.
Traxectoria Veterinario casado en Ordes, foi Inspector de Sanidade e Hixiene Pecuaria en Santiago de Compostela. Foi secretario do Partido Republicano Radical Socialista en Compostela e secretario do Comité Provincial. Despois pasou a militar en Unión Republicana, da que foi nomeado secretario xeral do grupo de Compostela en xaneiro de 1936.El Compostelano, 13-1-1936, p. 2.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado en Compostela por rebelión e declarado en rebeldía. Foi sancionado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas e inhabilitado. Afiliouse ao PSOE durante a guerra civil, sendo xefe de servizos no control de produtos alimenticios da Cámara de Comercio na Embaixada Republicana en París. Coa derrota da República exiliouse en Francia e despois trasladouse a México a bordo do De Grasse en maio de 1940. Fixo amizade con Elixio Rodríguez e colaborou en Saudade. Verba Galega nas Américas. Finou en México o 11 de abril de 1950.El Correo Gallego, 25-4-1950, p. 2. Vida persoal Casou en Santiago de Compostela coa mestra María Rosina Padín Guerra o 16 de xullo de 1924,El Pueblo Gallego, 17-7-1924, p. 8. e foi pai de José Ignacio, Severino e Rosina Pellit Padín.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego
Categoría:Veterinarios de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Oroso Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes