Xiana.Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Xi%E1n&tipo_busca=lema é un nome propio feminino galego. De orixe latina, é un xentilicio da familia Iulia, dedicado a Xúpiter, a través do latín Iulianus. Porén, neste nome galego, conflúe tamén un nome xermánico, frecuente no galego medieval, nas formas Egila e Egilanus, e que significaba puñal. En galego tamén conta coa variante Xuliana.

En xaneiro de 2023 existían 1.664 mulleres en Galicia co nome Xiana, cunha media de idade de 13,1 anos.Nome Xiana na Web do Instituto Galego de Estatística Non existen persoas rexistradas co nome Xuliana.

Etimoloxía Xiana provén do latín iulianus, que significa de xulio ou pertencente á familia de Xulio, exactamente á familia do emperador Xulio César (en ). Este nome podería ter moitos máis significados entre os que están: xuvenil, rexa, vizosa, raíces fortes ou perennes. Outra definición aceptada comunmente é "a do cabelo encaracolado".

Xiana noutras linguas

Alemán: Juliane / Juliana Aragonés: Chuliana / ChullanaEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiana: Xuliana Castelán: Juliana Catalán: Juliana Éuscaro: Juliana / Julene Francés: Julienne Inglés: Juliana Italiano: Giuliana Portugués: Juliana Romanés: Iuliana Ruso: Iuliana

Personalidades Xiana de Norwich, 1342 - >1416, foi unha anacoreta e mística inglesa. Xiana María de Brunswick-Wolfenbüttel, 1729 - 1796, raíña de Dinamarca e Noruega. Xiana dos Países Baixos, 1909 - 2004, foi raíña dos Países Baixos.

Galegas Xiana do Teixeiro, é unha directora de cinema galega. Xiana Méndez, Pontevedra, 1977, é unha economista galega. Xiana Arias, A Fonsagrada, 1983, é unha poetisa e xornalista galega.

Santas Xiana de Nicomedia

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe latina Categoría:Nomes femininos galegos