miniatura|dereita|Esquema das principais subdivisións do encéfalo embrionario de vertebrado. No prosencéfalo orixínase o diencéfalo (en rosa). miniatura|dereita|Reconstrución dos nervios periféricos dun embrión humano de 10,2 mm.
O diencéfalo é a rexión do tubo neural dos vertebrados que dá lugar ás estruturas do prosencéfalo posterior. Durante o desenvolvemento embrionario, o prosencéfalo, que é a vesícula máis anterior do tubo neural, dá orixe ao diencéfalo e telencéfalo. Nos adultos, o diencéfalo está situado no extremo superior do tronco cerebral, entre o cerebro e o tronco cerebral. Está formado por catro compoñentes: tálamo, subtálamo, hipotálamo (onde se localiza a glándula pituitaria) e epitálamo (onde se localiza a glándula pineal).
Organización diencéfalo territorio medio diencefálico pretálamo zona limitante intratalámica tálamo hipotálamo epitálamo glándula pineal metatálamo (cos corpos xeniculados externo e interno)
Funcións O diencéfalo é a rexión do tubo neural dos vertebrados que orixina as estruturas do prosencéfalo posterior, como o tálamo, hipotálamo, porción posterior da glándula pituitaria, e a glándula pineal. O hipotálamo realiza numerosas funcións vitais, a maioría das cales están relacionada directa ou indirectamente coa regulación das actividades viscerais a través doutras rexións encefálicas e do sistema nervioso autónomo. O tálamo é a vía de entrada para todos os estímulos sensoriais excepto o olfactorio; está conectado co córtex cerebral e filtra os estímulos que chegan a ela, e é o centro onde residen as emocións e sentimentos. miniatura|Diencéfalo.
Nervios Ao diencéfalo únese o nervio óptico (par cranial II). O nervio óptico é un nervio sensorial (aferente) responsable da visión; iníciase no ollo e a través do canal óptico do cranio chega ao diencéfalo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Telencéfalo Prosencéfalo
Ligazóns externas BrainMaps - diencephalon NIF Search - Diencephalon pola Neuroscience Information Framework
Categoría:Sistema nervioso