Carl Theodor Dreyer, nado en Copenhaguen o 3 de febreiro de 1889 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1968, foi un director de cine dinamarqués.
Traxectoria Naceu en Copenhaguen, fillo de nai solteira e logo foi dado en adopción, pasando os seus primeiros anos en orfanatos, ata ser adoptado polo tipógrafo Carl Theodor Dreyer, que lle deu o seu nome. Dreyer consideraba a súa infancia desgraciada.
A pesar de ser un estudante intelixente abandonou os estudos aos dezaseis anos, separándose da súa familia adoptiva.
De mozo traballou como xornalista, ata que entrou na industria do cinema como redactor de intertítulos en películas mudas.
Tras debutar como director con Præsidenten (1919) dirixiu películas en diversos países europeos ata a realización en Francia de La Passion de Jeanne d'Arc. Tras esta película e Vampyr, ambos os dous fracasos económicos, non volvería pórse tralas cámaras ata 1943, acadando recoñecementos coma o León de Ouro do Festival Internacional de Cine de Venecia con A palabra.
Morreu en Copenhaguen en 1968.
Filmografía 1919 - Præsidenten 1920 - Prästänkan 1921 - Blade af Satans bog 1922 - Die Gezeichneten 1922 - Der var engang 1924 - Mikaël 1925 - Du skal ære din hustru 1926 - Glomdalsbruden 1928 - La Passion de Jeanne d'Arc 1932 - Vampyr - Der Traum des Allan Grey 1943 - Dies irae 1945 - Två människor 1955 - A palabra 1964 - Gertrud
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na imdb The Passion of Joan of Arc Biografía de Carl Dreyer
Categoría:Directores de cinema de Dinamarca Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1968