José María Rivera Corral, nado no Chamoselo (As Pontes de García Rodríguez) o 9 de agosto de 1856 e finado na Coruña o 31 de xullo de 1936,La Voz de Galicia, 1-8-1936, p. 2. foi un empresario galego.
Traxectoria Con 14 anos, seus pais hipotecaron partes das súas pertenzas para lle pagar a pasaxe e emigrou con destino cara á Habana para máis tarde, entre 1874-1875, ir á Veracruz (México) de onde retornou a finais do século XIX. Ao retornar comprou a casa familiar da que se tiveran que desprender seus pais en Vilavella, e casou con Carmen Illade Rilo. Posteriormente, tamén mercaría casas e terreos na Coruña.
O primeiro negocio foi de 1898, unha fábrica de pasta de fariña e chocolate á que chamou, de novo, "La Estrella de Oro". Pero durou apenas dous anos. En 1901, entrou a formar parte da sociedade Casado, Hermano y Compañía, que se adicaba á fabricación de bebidas gasosas e cervexa (sería o núcleo da empresa posterior).
En 1906, fundou na Coruña a fábrica "La Estrella de Galicia", adicada á produción de xeo e cervexa. O nome alude ao antigo negocio de alimentación en Veracruz "La Estrella de Oro".
Na década dos anos 20, o negocio pasa a seu fillo Ramón e a empresa pasou a se converter en Hijos de Rivera.
Vida persoal Casou con Carmen Illade Rilo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Estrella Galicia
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1936