Xoán I de Saxonia, nado en Dresde o 12 de decembro de 1801 e finado en Pillnitz o 29 de outubro de 1873, foi un nobre alemán, rei de Saxonia desde 1854 ata 1873.

Traxectoria O seu pai Maximiliano de Saxonia foi o sexto fillo do Elector de Saxonia Federico Cristian (1722-1763) e da súa esposa María Antonia de Baviera, filla do emperador Carlos VII (1724-1780).

Casou por poderes en Múnic o 10 de novembro de 1822 e en persoa en Dresde o 21 de novembro de 1822 coa princesa Amalia de Baviera (1801-1877), filla de Maximiliano I, rei de Baviera. Tiveron nove fillos:

María de Saxonia (1827-1857). Alberto (1828-1902), nomeado rei de Saxonia en 1873 tras a morte de seu pai. Tenente xeneral e comandante da infantaría saxoa. Isabel (1830-1912), casada primeiro con Fernando de Savoia-Xénova e despois con Niccolo, Marqués de Rapallo. Ernesto (1831-1847). Sidonia (1834-1862). Ana María de Saxonia (1836-1859), casada en 1856 con Fernando IV de Toscana, Gran Duque de Toscana e Arquiduque de Austria. Margarita (1840-1858), casada en 1856 co arquiduque Carlos Luis de Austria. Sofía (1845-1867), casada en 1865 con Carlos Teodoro, duque de Baviera. Xurxo I (1832-1904), nomeado rei de Saxonia en 1902, tras a morte de seu irmán. Casado 1859 con María Ana de Braganza, Infanta de Portugal. Os seus fillos pretenderon o extinto trono de Saxonia.

Véxase tamén Reino de Saxonia Ligazóns externas

Categoría:Saxonia Categoría:Nobres de Alemaña Categoría:Nados en Dresde Categoría:Nados en 1801 Categoría:Finados en 1873