Red's Dream é unha curtametraxe de animación de Pixar que foi estreada en 1987. Foi dirixida, producida e escrita por John Lasseter.

Sinopse Historia ambientada nunha tenda de bicicletas, na que hai un pequeno monociclo tirado nun recuncho. Entón, o monociclo empeza a soñar que está nun circo, e un pallaso está montado nel facendo malabares, logo o pallaso sáese do monociclo e segue a pedalear e facer malabares, mais cando ve que non está enriba do monociclo, cae ó chan e o monociclo empeza a facer malabares cos pedais. Despois, o monociclo acorda e ve que está a soñar e nada máis que estaba dando voltas por toda a tenda. O malpocado vai cara ao seu recuncho de sempre a agardar que algún día ese soño se faga realidade.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Red's Dream na IMDb Red's Dream na Big Cartoon DataBase

Categoría:Curtametraxes de Pixar Categoría:Filmes de 1987