La Coalición Republicana foi un semanario editado en Vigo en 1886.
Historia e características Subtitulado Publicación defensora de los intereses republicano-coalicionistas, apareceu o 14 de marzo de 1886, como órgano do Partido Democrático-Progresista de Manuel Ruiz Zorrilla e Nicolás Salmerón. Fundado e dirixido por Delio Fernández Chao. Foron os seus redactores Ángel Bernárdez Rodríguez e Luis A. Mestre e entre os seus colaboradores estaban Eduardo Chao, Teófilo Braga e Nicolás Salmerón. Apareceron 37 números, cesando a súa publicación o 21 de novembro dese ano.
Nunha reunión na casa de Néstor Pardo Torrentera en xaneiro de 1890, os republicanos vigueses acordaron a reanudación da publicación do periódico, que sería redactado por Mestre, Fernández Chao e Pardo Usaletti.La Voz de Galicia, 21-1-1890, p. 1. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1886 en Galicia Categoría:Prensa republicana