Manuel Casariego Bares-Rey, nado no Porto do Barqueiro (Mogor, Mañón)Rexistro Civil do concello de Mañón (A Coruña). e finado en Ortigueira o 21 de maio de 1952,La Voz de Galicia, 22-5-1952, p. 5. foi un banqueiro e político galego.

Traxectoria Era socio de Manuel Sandomingo Crego e do seu irmán Vicente na casa de banca Sandomingo, Hermano y Casariego establecida en Ortigueira, que en 1928 foi absorbida polo Banco Pastor, converténdose en sucursal do mesmo. Escribiu no xornal coruñés La Mañana, e fundou El Eco Ortegano, La Opinión de Ortigueira e La Opinión, con textos de cuesións económicas e sociais. Tamén escribiu na revista madrileña Nueva Economía Nacional.

Foi alcalde de Ortigueira de 1914 a 1915. Foi elixido deputado provincial como liberal-prietista polo distrito de Ferrol-Ortigueira en outubro de 1915, para substituír o falecido Manuel Sandomingo, permanecendo no posto até novembro de 1917, cando dimitiu logo de ser elixido concelleiro. Volveu ser nomeado alcalde de Ortigueira en xaneiro de 1918, dimitindo en maio dese ano. Volveu ser deputado provincial entre 1920 e 1923. Na Segunda República presidiu a Asociación Unión Republicana que se constituíu en 1931 e presentouse ás eleccións a Cortes de 1931 pero non foi elixido. Militou no Partido Radical e desenvolveu dende La Voz de GaliciaHemeroteca de La Voz de Galicia (de cuxo consello de administración formaba parte) unha campaña contra a corporación municipal presidida durante o período repuiblicano (ata febreiro de 1936) por Jesús Fojo Díaz.

En 1946 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.

Vida persoal Casou en 1905 con Carmen Dávila Díaz, irmá do xeógrafo e polígrado Julio Dávila Díaz, coa que sería 5 fillos:Arquivo parroquial de Santa Marta de Ortigueira. Libro sacramental de bautismos. Manuel Crisanto Casariego Dávila (nac. 1906), Jesús Manuel (1908), Leandro Manuel (1911), Leandro Luciano (1913), José María (1914), e por último en 1920 María del Carmen, Carmucha, noiva do escritor Álvaro Cunqueiro durante a breve, pero importante, estancia (outubro de 1936 a maio de 1937) do escritor mindoniense na capital do Ortegal

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Mañón

Categoría:Nados no século XIX

Categoría:Finados en 1952

Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes