Daniel López López, nado na Coruña o 6 de outubro de 1859El Eco de Santiago, 13-3-1933, p. 1. e finado en Madrid o 8 de marzo de 1933,La Voz de Galicia, 9-3-1933, p. 4. foi un xornalista, escritor, tradutor e político galego.

Traxectoria Emigrou a América sendo mozo, instalándose en Montevideo. Viaxou por América e Europa e estableceuse en Madrid en 1881. En 1887 obtivo a cátedra de lingua inglesa do Instituto de Biscaia. Ao ano seguinte pasou a ser catedrático de inglés da Escola Superior de Comercio en Madrid. Despois desempeñou a cátedra de inglés nos institutos San Isidro e Cardenal Cisneros. Foi secretario e despois vicepresidente da Sección de Ciencias Históricas do Ateneo de Madrid. Amigo de José Canalejas Méndez, militou no Partido Liberal e despois figurou entre os partidarios do conde de Romanones. Nas eleccións a Cortes de 1898 foi elixido deputado polo distrito de Ordes. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Ordes nas eleccións de 1901. Despois foi elixido polo distrito da Coruña (1905), Daimiel en Cidade Real (1907), Ferrol (1910), Murcia (1914) e Coruña (1916). Foi senador polas provincias da Coruña (1918) e Guadalaxara (1921), e senador vitalicio (1923). Foi director xeral de Agricultura, Industria e Comercio. Foi redactor xefe e despois director de El Correo e director do Diario Universal. miniatura|page=209|España en 1492. Obras Política de Felipe II, 1886. La revolución francesa. Política de Carlos III. Los consejeros de Fernando VII. Conversaciones políticas. España en 1492.

Traducións Shakespeare en España. Historia de la Revolución de Inglaterra de Lord Macaulay. Discursos parlamentarios de Lord Macaulay Historia del reinado de Guillermo III de Lord Macaulay.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Senado

Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público