A Mámoa do Rei é unha mámoa pertencente ao complexo arqueolóxico de Monte Penide, na parroquia de Trasmañó ou na de Negros (Redondela).
Características A mámoa posúe planta poligonal orientada cara ao leste e conserva seis ortóstatos ou lousas que forman no seu interior unha cámara. O túmulo de terra é dun diámetro de 15 metros e uns 2,5 de altura.
O estado de conservación está alterado por mor de causas humanas, coma estradas asfaltadas ou postes telefónicos. Ademais, existen diversas raposeiras e vexetación propia do bosque que altera o túmulo. No seu interior foron atopados restos arqueolóxicos prehistóricos, coma cerámicas, ferramentas de pedra, punta de frecha de sílex e outros enxovais.
O túmulo era coñecido desde a década de 1950 tras as prospeccións realizadas por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. Despois, a mámoa sufriu abandono e deterioración, conservando só algúns dos esteos in situ. No verán do 2001, unha intervención arqueolóxica reconstruíu o monumento, reintegrando a lousa que cobre a cámara, partida en dous, ademais de recuperar diversos materiais cerámicos e líticos.
Na actualidade está catalogada coma Ben de Interese Cultural.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Hidalgo Cuñarro, J. M. (1985): Redondela Arqueoloxía, Concello de Redondela.
Outros artigos Redondela Monte Penide Megálitos de Galicia Ligazóns externas Museo Virtual do Monte Penide Prehistórico. Desenvolvido polo Concello de Redondela e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. "Monte Penide luce su arte rupestre", artigo no Faro de Vigo, 7 de outubro de 2013 . https://terrasdepontevedra.org/patrimonio/mamoa-do-rei/
Categoría:Redondela Categoría:Megálitos de Galicia Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra Categoría:Mámoas