As eleccións xerais de España de 1916 foron convocadas no medio da primeira guerra mundial, na que España se declarou neutral, baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 409 deputados, e o partido máis votado foi a coalición das dúas faccións do Partido Liberal, dirixidas por Manuel García Prieto e Romanones. O Partido Liberal-Conservador quedou a 115 escanos dos liberais. Tamén se presentou unha Conjunción Republicano-Socialista, que reunía os diferentes partidos republicanos e o PSOE, pero non a Unión Federal Nacionalista Republicana e os radicais de Alejandro Lerroux, que ían aínda unidos polo Pacto de Sant Gervasi.
Foi elixido presidente do Congreso o liberal demócrata Miguel Villanueva e presidente do Senado, Manuel García Prieto. O presidente do Goberno foi o conde de Romanones, pero en xaneiro de 1917 dimitiu por mor de enfrontamentos co exército, que creara as Xuntas de Defensa. Ao mesmo tempo, rompeuse o Partido Liberal ao ser expulsados do partido Manuel García Prieto e Santiago Alba Bonifaz. O goberno de García Prieto, sucesor de Romanones, rompeuse e o 11 de xuño de 1917 Eduardo Dato formou un novo goberno con conservadores, pero tiña unha maioría inestable, o que provocou a convocatoria da Asemblea de Parlamentarios. A folga xeral de 1917, ademais, provocaría a dimisión de Dato o 3 de novembro de 1917. Formouse entón un goberno de concentración nacional formado por liberais, conservadores e a Lliga Regionalista ata que se convocaron novas eleccións o 24 de febreiro de 1918.
Composición do Congreso dos Deputados miniatura|200px|O Conde de Romanones fotografado por Kaulak (c. 1911) ← Eleccións Xerais en España, 9 de abril de 1916 → Partido Escanos no Congreso Líder Partido Liberal y Liberales-Demócratas 203 Conde de Romanones Partido Liberal-Conservador 88 Eduardo Dato Conservadores mauristas 17 Antonio MauraConjunción Republicano-Socialista 13 Roberto Castrovido Sanz Lliga Regionalista 13 Francesc Cambó Partido Reformista 12 Melquíades Álvarez Comuñón Tradicionalista 9 Enrique de Aguilera y Gamboa, marqués de Cerralbo Conservadores de Juan de la Cierva 8 Juan de la Cierva y Peñafiel Coalición Republicana-Radical 6 Alejandro Lerroux Católicos independentes 3 Marqués de Santillana Partido Integrista 2 Manuel Senante y Martínez Bloc Republicà Autonomista 1 Marcelino Domingo Sanjuán Nacionalistas republicanos cataláns 1 Francesc Macià Rexionalistas casteláns 1 Antonio Zumárraga Díez Dinásticos Vascos 1 Luis de Urquijo y Ussía Republicanos cataláns independentistas 1 Salvador Albert i Pey TOTAL 379
Véxase tamén Outros artigos Conde de Romanones
Ligazóns externas Resultado das eleccións de 1916 Deputado por circunscrición electoral. Congreso dos Deputados.
Categoría:1916 1916