Marta Pérez Torre, nada en Santiago de Compostela o 29 de febreiro de 1984, é unha actriz e presentadora de televisión galega."Siempre me ha tirado la farándula" La Voz de Galicia, 22/8/11 . Debe o seu nome artístico, Marta Doviro, ó alcume da súa familia paterna, orixinaria da aldea de Viro, en Outes.
Traxectoria Marta Doviro criouse entre Muxía e Corcubión e con 17 anos volveu a Santiago de Compostela, onde estudou tres anos de farmacia. Nesta etapa gañou o concurso de moda local organizado por El Corte Inglés e quedou finalista en dúas ocasións no concurso de moda Top Área Central. Logo deses tres anos decidiu mudarse a Ourense onde finalmente se diplomou en Deseño de Produtos na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde.
Logo desta etapa de estudante foi vivir á Coruña onde estivo traballando no departamento de mercadotecnia da firma galega de moda Caramelo.
Presentou A mochila do viaxeiro en V Televisión, traballo polo que foi nomeada a un Premio Mestre Mateo no ano 2011 na categoría de Mellor Comunicadora. Na Televisión de Galicia presentou De quen vés sendo? en 2013, Somos ben curiosos en 2015""Somos ben curiosos" atopará esta noite..." CRTVG, 5/2/2015. e Máis galego nos veráns de 2014 e 2015. Por este último foi finalista, de novo na categoría de mellor comunicadora, dos Premios Mestre Mateo 2014.
Presentou xunto a actriz Isabel Blanco o programa Especial 30 anos de Series da TVG e acompañou a Xosé Ramón Gayoso copresentando Luar en xullo do 2015. Ese mesmo verán retransmitiu en directo as fogueiras de San Xoán nun programa especial da TVG xunto a Lucía Rodríguez Vázquez e Bernardo Montaña.
No ámbito da interpretación participou como "Doutora Pita" na serie de televisión Luci en 2014, e deu vida a "Olalla" na serie Pazo de Familia desde a súa incorporación de 2015 a 2017, na 3ª temporada e durante dúas máis, ata a penúltima da serie.
En 2016 participou no especial de Nadal de Larpeiros (TVG), e nos anos 2016-2017 presentou FeirantesFeirantes CRTVG. e Gastrópodos, cociña en ruta na TVG.Gastrópodos CRTVG. Tamén en 2017 rodou a curtametraxe O jazz dos proscritos, de Manuel Gil Castro.
En 2018 acadou o seu terceiro nomeamento ós premios Mestre Mateo como mellor comunicadora co programa Unha viaxe para contar, tamén na TVG."Unos Premios Mestre Mateo con esencia de la Costa da Morte" La Voz de Galicia"" .</ref> Na gala tamén se encargou de entregar un dos premios.O audiovisual galego entrega este sábado os seus premios na gala dos Mestre Mateo A finais dese mesmo ano, comezou a gravar a segunda tempada do programa Malo será, que se emitiu ó longo de 2019 na TVG, no que exerceu de presentadora, e ocasionalmente tamén participou actuando nalgún sketch, sendo a súa primeira incursión no mundo do humor.<ref>"Llega el espectáculo televisivo Malo Será" La Voz de Galicia"" . Todo isto combínao coa presentación de diversas galas de moda, deportivas, benéficas, culturais e de festas, participacións en programas de radio na Radio Galega e en Radio Coruña, especiais de Nadal do programa "Coma un allo", entrevistas no programa A Revista, e en obras de teatro como E se os soños se cumpren, coa compañía O Garaxe Hermenéutico, para o público infantil. Tamén impartiu en 2019 clases de teatro.
Así mesmo, volveu ó mundo da publicidade ó protagonizar en 2019 un spot televisivo para o lanzamento de MEGA da cervexeira Estrella Galicia.Vídeo en FacebookMEGA
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2011Mellor comunicadoraA mochila do viaxeiroNomeada2014Mellor comunicadoraMáis galegoNomeada2018Mellor comunicadoraUnha viaxe para contarNomeada
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "Marta Doviro y la Wikipedia" Participación en "La Regadera FM" en 2018 .
Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Actores de Santiago de Compostela Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1984 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela