Trece badaladas (en ) é un filme galego dirixido por Xavier Villaverde que se estreou no 2002 e foi rodado orixinalmente en lingua castelá. Está libremente baseado na novela Trece badaladas de Suso de Toro.Xavier Villaverde presenta '13 campanadas' una història de fantasmes basada en un llibre de Suso del Toro, vilaweb, 11 de xaneiro de 2002«Trece campanadas», una pesadilla entre los mitos de Fausto y Hamlet, ABC, 13 de xaneiro de 2003 Editouse en DVD en 2003 co son en galego.

Sinopse Xacobe, un mozo escultor, volta a Santiago de Compostela -a súa cidade natal- despois de quince anos de ausencia. A razón do seu regreso é o descubrimento de que súa nai, a quen cría morta, está en realidade doente e internada nun psiquiátrico. Pero esta volta vaino obrigar a se enfrontar a un suceso do que leva media vida fuxindo. O encontro co seu pasado levarao ó centro dun pesadelo sen saída, no que descubrirá algo terrible: El é a peza fundamental nun labiríntico plan.Trece campanadas en Fotogramas

Personaxes Juan Diego Botto como Xacobe Luís Tosar como Mateo Marta Etura como María Elvira Mínguez como Carmen Laura Mañá como Claudia Rosa Álvarez como Aura Diego Infante como Raúl Gonzalo Uriarte como Sacerdote David Álvarez como Xacobe de neno Ernesto Chao como Inspector

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2ª ediciónMellor filmeXavier Villaverde GañadorII Premios Mestre MateoMellor directorXavier VillaverdeNomeadoMellor actorLuís Tosar GañadorMellor actriz secundariaRosa ÁlvarezNomeadoMellor guiónXavier VillaverdeNomeado

Notas

Véxase tamén Bibliografía González Herrán, José Manuel e Tarrío Varela, Anxo (2002). “Encontro en Compostela con Xabier Villaverde e Suso de Toro”, Boletín Galego de Literatura, 27, 237-261. López López, Yolanda (2003). “Trece badaladas: falseando as pedras de Compostela baixo a chuvia”, Madrygal, 6, 69-73. Royo, Curro, Pozuelo, Juan Vicente & Villaverde, Xavier (2003). Trece campanadas: Guión cinema- tográfico. Madrid: Ocho y Medio. Ligazóns externas

Ficha no Consello da Cultura Galega

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Xavier Villaverde Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme Categoría:Filmes de 2002 con versión en galego