El Eco Mindoniense foi un semanario editado en Mondoñedo entre 1882 e 1885.

Historia e características Subtitulado Periódico católico, científico y literario, apareceu o 22 de novembro de 1882.Teijeira & Torre (1997), p. 158 Publicábase os mércores e apareceu para ser voceiro da opinión católica e contrario ao liberal El Hermandino. Feliciano Sanjurjo Silva foi o seu fundador e propietario e tamén o director e, posteriormente, Abelardo Rodríguez Martínez.

Era de ideoloxía católica, pero tamén publicou traballos científicos e literarios. Imprimíase na tipografía de Hermenegildo Mancebo de Mondoñedo. Foi continuado por El Eco a partir do 25 de xuño de 1885.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Mondoñedo Categoría:1882 en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos