Miguel Filipe Nunes Cardoso, nado en Lisboa o 19 de xuño de 1994, é un futbolista portugués. Xoga de extremo e o seu equipo actual é o Belenenses SAD, cedido polo FC Dynamo Moscova.
Traxectoria O 29 de xaneiro de 2014 anunciouse a súa incorporación no Deportivo da Coruña B, até o final da tempada 2013/14."El Fabril se refuerza con Marc Nierga y Miguel Cardoso" na que xogou 14 partidos e meteu dous goles, polo que ampriou o seu contrato un ano máis."El Fabril perfila su plantilla para la próxima temporada" Na tempada 2014–15 fíxose peza clave do equipo dirixido por Manuel Mosquera xogando 37 partidos e marcando 17 goles, incluídos dous hat-tricks, sendo o máximo goleador do equipo do campionato. En decembro de 2014 foi convocado co primeiro equipo para un partido da Copa do Rei fronte o Málaga, pero non chegou a debutar. O 31 de marzo de 2015 renovou co Deportivo por dúas tempadas máis con posibilidade de estenderse outras 3, é dicir, ata o ano 2020."El Club ata a Miguel Cardoso dos temporadas más con opción a otras tres"
O 28 de xaneiro de 2016 anunciouse a súa cesión á União da Madeira, na Primeira Liga, até o final da tempada 2016–17.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en ceroacero.es Datos do xogador en es.soccerway.com
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CF União Categoría:Xogadores do CD Tondela Categoría:Xogadores do FC Dinamo Moscova Categoría:Xogadores do FC Tambov Categoría:Xogadores do Belenenses SAD