Kenneth Lamont "Kent" Bazemore, Jr., nado o 1 de xuño de 1989 en Kelford, Carolina do Norte, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional Despois de non ser elixido no Draft da NBA de 2012, Bazemore uniuse ós Oklahoma City Thunder para a Liga de Verán de Orlando, e ós Golden State Warriors para a Liga de Verán de Las Vegas. O 26 de xullo de 2012, Bazemore asinou un contrato cos Warriors. Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado varias veces ós Santa Cruz Warriors, afiliado de Golden State na NBA Development League.

O 19 de febreiro de 2014, Bazemore foi traspasado xunto a MarShon Brooks ós Los Angeles Lakers a cambio de Steve Blake.

O 23 de setembro de 2014, Bazemore asinou cos Atlanta Hawks.Hawks Sign Free Agent Guard Kent Bazemore

O 24 de xuño de 2019, Bazemore foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio de Evan Turner.

O 20 de xaneiro de 2020, Bazemore foi traspasado xunto a Anthony Tolliver e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Sacramento Kings, a cambio de Trevor Ariza, Wenyen Gabriel e Caleb Swanigan.

O 23 de novembro de 2020, Bazemore asinou cos Golden State Warriors.

O 6 de agosto de 2021, Bazemore asinou de novo cos Los Angeles Lakers.

O 21 de setembro de 2022, Bazemore asinou cos Sacramento Kings, pero foi cortado o 13 de outubro de 2022.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados no condado de Bertie, Carolina do Norte Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings