dereita|200px O eth, edh ou eð ( Ð, ð ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino, substituída en varias linguas polo dígrafo dh.
Historia O ð orixinouse no alfabeto irlandés como un d cun trazo.
Ao longo da Idade Media foi empregado no inglés antigo e en varias linguas escandinavas ao longo da Idade Media. Nestas últimas foi substituído polo dígrafo dh e máis tarde por d. En inglés empregábanse ð ou þ para representar consoantes fricativas dentais. O ð utilizouse na era anglosaxoa, desaparecendo no século XIII.
Uso No islandés representa o fonema [ð]. Cando non sexa posible reproducir o carácter tipograficamente pode ser substituído polo dígrafo dh. No feroés é unha letra muda, agás nunhas poucas palabras, nas que representa diferentes sons. No dalecarliano representa o fonema [ð]. No Alfabeto Fonético Internacional representa a consoante fricativa dental sonora, oposta á consoante fricativa dental xorda representada por [θ].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Trazo (diacrítico)
Categoría:Tipografía Categoría:Grafémica Categoría:Alfabeto latino