miniatura|Thorn maiúsculo e minúsculo O thorn ou þorn ( Þ, þ ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino, substituída en varias linguas polo dígrafo th.

Historia O þ procede do alfabeto rúnico no que representaba os fonemas [θ] ou [ð]. O carácter mantívose no inglés e nas linguas escandinavas.

No inglés o seu uso comezou esmorecer cara ao século XIV. Nalgúns manuscritos desa época, coma The Book of Margery Kempe non se distingue o Þ do Y. O uso do Y con esta pronuncia mantense hoxe en expresións pseudo-arcaicas, como "ye olde", por "the old".

Uso O islandés é a única lingua viva que continúa a empregar o carácter þ, chamado þoddn, ou þordn, . É a trixésima letra do alfabeto islandés e nunca aparece no final dunha palabra. Representa o fonema . Cando non sexa posible reproducir o carácter tipograficamente pode ser substituído por th.

O talossan, lingua artificial creada por R. Ben Madison en 1980 para Talossa, micronación fundada por el mesmo, emprega þ para representar o fonema , que pode ser substituído polo dígrafo tg.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Sho

Categoría:Tipografía Categoría:Grafémica Categoría:Alfabeto latino