A dos heterocongrinos (Heterocongrinae) é unha subfamilia que comprende dous xéneros de peixes pertencentes á familia dos cóngridos, que inclúen varias especies denominadas, na terminoloxía internacional, como heterocongros, anguías de xardín ou anguías tubícolas.

Descrición

Estes peixes pequenos, longos e delgados (máximo 40 cm de lonxitude e 15 mm de diámetro) teñen a particularidade de viviren medio enterrados nun tubo vertical escavado no fondo areoso, e de teren o corpo revestido dunha mucosidade segregada por uns órganos especiais secretores da pel do animal. Teñen a punta da cola modificada para asegurar que estean firmemente ancorados ao substrato, e nunca saen totalmente fóra do seu burato, mesmo nin para reproducírense. Os seus ollos posúen unha visión binocular. A súa liña lateral está modificada, e ao máis leve movemento da auga, agóchanse e no seu tobo. A cabeza proxéctase cara a adiante, e capturan o zooplancto traído polas correntes a través da boca situada cara a arriba. Viven en colonias (chamadas xardíns) e a miúdo chegan a reunírense nelas centos de individuos, xeralmente dispostos a distancias iguais entre si. Adoita ocorrer que os "xardíns" comprenden varias especies de diferentes heterocongros.

Distribución

Estes peixes habitan nas augas cálidas dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico (incluínso o mar Caribe, e no mar Vermello.Froese, Rainer, e Daniel Pauly, eds. (2012): "Species of Gorgasia" in FishBase.Froese, Rainer, e Daniel Pauly, eds. (2012): "Species of Heteroconger" in FishBase. As colonias estás situadas en fondos desde 1 m até máis de 300 m de profundidade. A nedida que se descende as colonias son máis grandes, pero son raras máis alá dos 200 m, xa que a luz é demasiado débil como para permitir que os heterocongros vexan ás súas presas.

As colonias dos heterocongros sempre están situadas en ladeiras areosas expostas á corrente, de modo que poden capturar constantemente ás súas presas, pero sempre ao abrigo das ondas.

Reprodución

Os heterocongros teñen un modo de reprodución sexual. No abandonan xamais o seu tobo, nin para reproducirse. Cando desovan, os machos e as femias máis próximos entretecen os seus corpos e soltan os espermatozoides e os óvulos na auga. Unha vez fecundados, os ovos convértense de larvas leptocéfalas que, desde que alcanzan o estadio de xuvenís, se unen á colonia e crean os seus tobos na periferia, de maneira que o xardín está crecendo constantemente.

Clasificación: xéneros e especies A sufamilia comprende dous xéneros cun total de 35 especies:

Subfamila Heterocongrinae

Xénero Gorgasia Meek & Hildebrand, 1923 Gorgasia barnesi Robison & Lancraft, 1984 Gorgasia cotroneii D'Ancona, 1928 Gorgasia galzini Castle & Randall, 1999 Gorgasia hawaiiensis Randall & Chess, 1980 Gorgasia inferomaculata Blache, 1977 Gorgasia japonica Abe, Miki & Asai, 1977 Gorgasia klausewitzi Quéro & Saldanha, 1995 Gorgasia maculata Klausewitz & Eibl-Eibesfeldt, 1959 Gorgasia maculatus Klausewitz & Eibl-Eibesfeldt, 1959 Gorgasia naeocepaea Böhlke, 1951 Gorgasia naeocepaeus Böhlke, 1951 Gorgasia obtusa Garman, 1899 Gorgasia preclara Böhlke & Randall, 1981 Gorgasia punctata Meek & Hildebrand, 1923 Gorgasia sillneri Klausewitz, 1962 Gorgasia taiwanensis Shao, 1990 Gorgasia thamani Greenfield & Niesz, 2004

Xénero Heteroconger Bleeker, 1868

Heteroconger balteatus Castle & Randall, 1999 Heteroconger camelopardalis Lubbock, 1980 Heteroconger canabus Cowan & Rosenblatt, 1974 Heteroconger chapmani Herre, 1923 Heteroconger cobra Böhlke & Randall, 1981 Heteroconger digueti Pellegrin, 1923 Heteroconger enigmaticus Castle & Randall, 1999 Heteroconger hassi Klausewitz & Eibl-Eibesfeldt, 1959 Heteroconger klausewitzi Eibl-Eibesfeldt & Köster, 1983 Heteroconger lentiginosus Böhlke & Randall, 1981 Heteroconger longissimus Günther, 1870 Heteroconger luteolus Smith, 1989 Heteroconger obscurus Klausewitz & Eibl-Eibesfeldt, 1959 Heteroconger pellegrini Castle, 1999 Heteroconger perissodon Böhlke & Randall, 1981 Heteroconger polyzona Bleeker, 1868 Heteroconger taylori Castle & Randall, 1995 Heteroconger tomberua Castle & Randall, 1999 Heteroconger tricia Castle & Randall, 1999

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Eichler, Dieter e Robert F. Myers (1997): Korallenfische Zentraler Indopazifik. Hambueg: Jahr Verlag. ISBN 3-86132-225-0. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Patzner, Robert A. e Horst Moosleitner (1999): Mergus Meerwasser-Atlas Band 6. Melle: Mergus-Verlag. ISBN 3-88244-116-X.

Outros artigos Cóngridos Heteroconger

Ligazóns externas Heterocongrinae no ITIS.

Categoría:Angüiliformes