Franz von Paula Schrank, nado o 21 de agosto de 1747 en Neuburg am Inn e finado o 22 de decembro de 1835 en Múnic, foi un xesuíta, botánico e naturalista alemán.

Traxectoria

Comezou a frecuentar o Colexio Xesuíta de Passau con nove anos, entrando aos quince ma Compañía de Xesús. Pasou o primeiro aoo do seu noviciado en Viena e o segundo en Ödenburg (hoxe Sopron en Hungría), onde seguiu os cursos dun misioneiro vindo do Brasil, o que lle fai interesarse na historia natural. Estudou logo en Raab, Tyrnau (hoxe Trnava, Hungría) e en Viena.

Ensinou no Colexio de Linz a partir de 1769. Ao suprimirse a súa orde trasladouse a Passau, onde foi ordenado sacerdote en decembro de 1774, obtendo o seu doutoramento en teoloxía en 1776, en Viena.

Nese ano de 1776 prepara Beiträge zur Naturgeschichte e foi nomeado profesor de matemáticas e física no Liceo de Amberg, e logo profesor de retórica en Burghausen.

En 1784 era profesor de elocuencia, e ensinaría botánica económica e economía rural na Universidade de Ingolstadt, para máis tarde ser conselleiro eclesiástico en Landshut.

En 1809 a Academia de Ciencias de Múnic elíxeo como membro coa condición que tome ao seu cargo op xardín botánico que se creara na cidade, cargo que ocupará até a súa morte.

Obras pricipais Beiträge zur Naturgeschichte, Augsburgo, 1776 Vorlesungen über die Art die Naturgeschichte zu studieren, Ratisbona, 1780 Enumeratio insectorum Austriæ indigenorum, Viena, 1781 Anleitung die Naturgeschichte zu studieren, Múnic, 1783 Naturhistorishce Briefe über Österreich, Salzburg, Passau und Berchtsgaden (dous vols., Salzburgo, 1784-1785 Anfangsgründe der Botanik, Múnic, 1785 Baiersche Reise …, 1786 Verzichniss der bisher hinlaneglich bekannten Eingeweidewürmer, nebts einer Abhandlungen über ihre Anverwandschaften, Múnic, 1787 Bayerische Flora, Múnic, 1789 Primitiæ floræ salisburgensis, cum dissertatione prævia de discrimine plantarum ab animalibus, Frankfort, 1792 Abhandlungen einer Privatgesellschaft vom Naturforschern und ökonomen in Oberteutschland, Múnic, 1792 Anfangsgründe der Bergwerkskunde, Ingolstadt, 1793 Reise nach den südlichen Gebirgen von Bayern, in Hinsicht auf botanische und ökonomische Gegenstände, Múnic, 1793 Flora monacensis, Múnic, 1811-1820 Plantæ rariores horti academici Monacensis descriptæ et iconibus illustratæ, 1819 Sammlung von Zierpflanzen, 1819

Estudou igualmente os insectos (incluíndo os arácnidos, daquela considerdos como insectos) fisioloxía vexetal e micoloxía, así como o movemento dos infusorios.

Abreviaturas A abreviatura Schrank emprégase para indicar a Franz von Paula Schrank como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais. A abreviatura Schrank emprégase para indicar a Franz von Paula Schrank como autoridade na descrición e taxonomía dos animais.

Véxase tamén

Ligazóns externas Franz Paula von Schrank en Catholic Encyclopedia

Categoría:Biólogos de Alemaña Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Nados en Baviera Categoría:Nados en 1747 Categoría:Finados en 1835 Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Xesuítas de Alemaña Categoría:Sacerdotes católicos de Alemaña Categoría:Micólogos