La Propaganda foi un semanario publicado en Vigo entre 1881 e 1885.
Historia e características Subtitulado Revista semanal consagrada a la defensa e ilustración de la clase obrera, apareceu o 31 de xullo de 1881. Saía á rúa todos os domingos. Publicación federalista de marcado carácter obreirista fundada por Ricardo Mella. Os seus redactores foron Ángel Bernárdez Rodríguez, Federico Rodríguez Arosa e Joaquín Nogueira Alonso. Fíxose popular entre o proletariado pola súa crítica ao sistema de cotas e redencións en metálico que regulamentaban o servizo militar, e pola súa defensa da participación política da clase obreira. Foi presentado no congreso sindical de Barcelona onde se fundou a Federación de Trabajadores de la Región Española, dando un xiro do republicanismo socialista ao anarquismo. En 1883 cambiou o seu subtítulo por Semanario social. Eco de la clase trabajadora.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas La Propaganda, Vigo, 1881-1883 en Internet Archive. Durán, José Antonio (2011). "Los 150 años de Ricardo Mella" La Cueva de Zaratustra .
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Prensa obreira Categoría:1881 en Galicia