right|thumb|Cuberta da súa Indo-European Philology Historical and Comparative, 1969. William Burley Lockwood, nado o 13 de abril de 1917 e finado o 30 de abril de 2012, foi un profesor de filoloxía xermánica e indoeuropea e lingüista británico. Traxectoria Tras saír da escola traballou nun hotel, nos ferrocarrís e nun emprego informal en Frankfurt cando estalou a Crise dos Sudetes en 1938. Ao ano seguinte trasladouse a Inglaterra e estudou nas Universidades de Manchester e Bristol, obtendo unha particular distinción en alemán. Traballou brevemente na Universidade de Durham (1945) e logo ensinou na de Birmingham ata que en 1961 foi invitado a presidir a cátedra de Filoloxía Comparada na Humboldt-Universität de Berlín Oriental; pero nese ano levantouse o famoso Muro de Berlín e tras catro anos de crecente desilusión política volveu a Occidente. Un ano máis tarde foi invitado a ocupar un posto especialmente establecido para el na Universidade de Reading, que se volveu cátedra en 1968, e permaneceu nela ata a súa xubilación en 1982. De extensos e profundos coñecementos, foron proverbiais tanto o seu fobia á tecnoloxía e ás tarefas administrativas como o seu contaxioso entusiasmo por resolver calquera problema erudito, lingüístico ou etimolóxico.

Obras An Informal History of the German Language (1965, 2ª ed. 1976). Historical German Syntax (1968). A Panorama of Indo-European Languages (1972). Languages of the British Isles Past and Present (1975). An Introduction to Modern Faroese (1977, 4th edn. 2002). The Oxford Dictionary of British Bird Names (1984, 2nd edn. 1993). German Today: The Advanced Learner's Guide (1987). Lehrbuch der modernen jiddischen Sprache (1995). An Informal Introduction to English Etymology (1995).

Notas

Categoría:Indoeuropeístas Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Lingüistas do Reino Unido