Ramón Puente Barcala, nado en Tabeirós (A Estrada) o 21 de xullo de 1900 e finado en San Miguel de Castro o 3 de outubro de 1939,El Emigrado, 30-10-1939, p. 2. foi un mestre e xornalista galego.

Traxectoria Foi mestre interino de Graba (1929) e dende 1931 mestre nacional en Arnois. Promoveu certames escolares e foi redactor de El Emigrado, onde publicou artigos reflexionando sobre como mellorar a escola e propostas como á da formación continua ou a campaña contra os xoguetes bélicos para reis. Foi nomeado socio de mérito pola sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba. Implicouse na loita polo Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado do maxisterio sendo suspendido de emprego e soldo. Finou con 39 anos na parroquia de San Miguel de Castro, onde estaba instalado pois alí exercía de mestra a súa muller. Foi soterrado no cemiterio da parroquia de Ouzande.

Vida persoal Casou en maio de 1934 coa mestra Anuncia Blanco Coto.El Emigrado, 16-5-1934, p. 4.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Represión do maxisterio estradense

Categoría:Profesores de Galicia

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos