miniatura|

A Unión de Labradores de Montecubeiro foi unha sociedade de carácter republicano e anticaciquil, con fins recreativos, culturais e cívicos, fundada na Segunda República en Montecubeiro (Castroverde). Historia e características

Pretendían mellorar a agricultura, o desenvolvemento social e representar os intereses dos labregos. En xuño do ano 1931 aprobouse o seu regulamento. Posteriormente no mes de xullo de 1931 constituíuse a sociedade e elixiuse a primeira directiva inscribíndose no acto trinta e cinco socios da parroquia de Montecubeiro e arredores. Bonifacio Sarille Tellado foi o seu primeiro presidente. Colaboraban con outras asociacións republicanas da rodeada. O 20 de outubro de 1935 asistiron á inauguración da biblioteca escolar na aldea de San Bernabel promovida por Argimiro Rico Trabada.El Pueblo Gallego, 26-10-1935, p. 10. Segundo unha acta de decembro de 1935 contaba con 219 socios. No mes de febreiro de 1936 patrocinaron un mitin organizado pola Coalición Republicana no campo da feira de Castroverde facendo a presentación dos oradores Bonifacio Sarille de Montecubeiro.El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 10. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a Unión de Labradores sufriu a represión. Varios socios e familiares foron detidos, expedientados ou asasinados. Notas

Categoría:Asociacións culturais de Galicia Categoría:Castroverde Categoría:Sindicatos de Galicia Categoría:Agrarismo