Renée Kathleen Zellweger, nada en Katy, Texas o 25 de abril de 1969, é unha actriz estadounidense.

Traxectoria Tralo instituto estudou na University of Texas en Austin, onde recibiu clases de arte dramática, inicialmente para conseguir créditos para graduarse, pero aí descubriu o seu interese pola interpretación. Os seus primeiros traballos foron na publicidade.

Desde 1991 apareceu en pequenos filmes. O seu primeiro papel protagonista foi no filme de terror de 1994 Texas Chainsaw Massacre: The Next Generation, con Matthew McConaughey. Porén, o papel que a fixo máis popular foi en Jerry Maguire.

En 2001 interpretou o papel de Bridget Jones en Bridget Jones’s Diary, baseada na novela de Helen Fielding.

En 2003, na súa terceira candidatura consecutiva ao premio, gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por Cold Mountain, de Anthony Minghella.

Filmografía Ano Filme 1994 Reality Bites 1994 Love and a .45 1994 Shake, Rattle and Rock! 1994 Rebel Highway 1994 Texas Chainsaw Massacre: The Next Generation 1995 Empire Records 1995 The Low Life 1996 The Whole Wide World 1996 Jerry Maguire 1997 Deceiver 1998 A Price Above Rubies 1998 One True Thing 1999 O solteiro 2000 Nurse Betty 2000 Me, Myself & Irene 2001 Bridget Jones's Diary 2002 White Oleander 2002 Chicago 2003 Down with Love 2003 Cold Mountain 2004 Bridget Jones: The Edge of Reason 2005 Cinderella Man 2006 Miss Potter 2008 Leatherheads 2008 Appaloosa 2009 New in Town 2009 My One and Only 2009 Case 39 2010 My Own Love Song Premios

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista, 2009

Categoría:Actores de Texas Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Katy, Texas Categoría:Nados en 1969 Categoría:Óscar á mellor actriz