A ensalada César é unha ensalada de leituga romana, anacos de pan torrado adubados (chamados croutons en francés, ou ben picatostes en castelán). O inventor desta ensalada foi o cociñeiro César Cardini, no restaurante homónimo, do que recibe o nome a ensalada. É moi popular no mundo enteiro e é posíbel atopala tanto en restaurantes como en supermercados en formato de bolsa.
Historia thumb|Ensalada César servida nun restaurante.Existen moitas versións respecto da orixe da ensalada. A máis coñecida e comunmente aceptada,Danny Palmerlee, (2009), Baja California & Los Cabos,Lonely Planet, pag 77 é que a ensalada foi creada por un chef italiano radicado en México chamado Alex Cardini e xunto co seu irmán propietario dun restaurante en Tijuana denominado "Cesar's Place". Alex Cardini, cuxo apelido está relacionado coa gastronomía en 1924 do famoso Hotel Peñafiel de Tehuacán, Puebla (México) viaxou a Tijuana a un concurso gastronómico onde a súa ensalada resultou premiada.Lou Sackett,Wayne Gisslen,Jaclyn Pestka, (2004), Professional Garde Manger: A Comprehensive Guide to Cold Food Preparation, Willey, páx. 74 O ingrediente secreto da ensalada, era o adubo, que logo se fixo popular en diversos sitios de California.
Outra versión di que foi creada nunha das cidades de Tijuana ou Ensenada (México) polo mesmo cociñeiro, César Cardini, a finais da década de 1930. Non se sabe se foi exactamente en cal das dúas cidades. Esta versión narra como uns pilotos norteamericanos pediron no hotel unha simple ensalada e á falla de tomates ou outros ingredientes típicos, o Chef Cardini seguiu unha vella receita familiar que a súa nai facía no sur de Italia en tempos difíciles: leituga romana, ovos, anaquiños de pan frixidos en aceite, queixo seco, vinagre, azucre, aceite de oliva, unhas pingas de salsa inglesa, salsa a base de anchoas e zume de limón. A ensalada foi todo un éxito e foi bautizada inicialmente coma "ensalada dos aviadores" ( "Aviator's Salad").
Co tempo, xa en 1948, César Cardini rexistrouna nos Ánxeles como propia e internacionalizouna. O que patentou foi en realidade o mollo da ensalada que a denominou "Cardini's Original Caesar Dressing Mix". Ao final foi comercializada por unha compañía baixo o seu nome que se denominaba "Cardini Foods" en Culver (California).
Características thumb|Ensalada César con polo á prancha. A receita inicial é de moi simple execución, contén só leituga romana, allo, croûtons (anacos de pan torrados) e un adubo simple a base de aceite de oliva, queixo parmesano relado, anchoas e limón.
O propio Cesar Cardini, que murreu en 1956, loitou por evitar a inclusión en salga na ensalada que leva o seu nome.John F. Mariani,Galina Mariani,Laura Tedeschi, (2000), The Italian-American cookbook: a feast of food from a great American cooking, Harward Common Press, pag. 119 Algunhas testemuñas de persoas que asistiron ao local de "Caesar's Place" nos anos 20 mencionan que as follas de leituga servíanse enteiras para seren empregadas coma cubertaría coméndose cgos dedos.Julia Child, (1999), From Julia Child's Kitchen, Gramercy, ISBN 0-517-20712-5
Co tempo a receita foi modificada para a degustar con anacos de carne de polo (xeralmente asada), ovo duro, lardo frixido e crocante, queixo parmesano relado (nalgúns restaurantes mexicanos emprégase queixo Cotija no seu lugar), gambas e outros moitos ingredientes.
A receita orixinal non se prepara con anchoas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Receita de ensalada César (en castelán)
Categoría:Gastronomía de México Categoría:Gastronomía dos Estados Unidos de América Categoría:Ensaladas