Rosalind Russell, nada en Waterbury (Connecticut) o 4 de xuño de 1907 e finada en Beverly Hills (California) o 28 de novembro de 1976, foi unha actriz estadounidense.

Traxectoria Estudou interpretación en Nova York mentres os seus pais pensaban que estaba a estudar para ser profesora."Show Girls Get Training In Colleges", Pittsburgh Press, December 3, 1930, p. 24 Comezou a súa carreira como modelo e actriz teatral, tendo tamén unha breve carreira como cantante de ópera.

A principio da década de 1930 marchou aos Ánxeles, onde foi contratada por Universal Pictures. Porén, foi ignorada e finalmente conseguiu un contrato con Metro-Goldwyn-Mayer, debutando en 1934 en Evelyn Prentice para logo ir conseguindo mellores papeis e boas críticas. Especialmente participou en comedias, nas que interpretaba mulleres sofisticadas.

Foi candidata ao Oscar en catro ocasións, e seguiu actuando ata mediados da década de 1960.

Finou de cancro de mama en 1976.

Filmografía Ano Filme1934Evelyn PrenticeThe President VanishesForsaking All Others1935The Night Is YoungThe Casino Murder CaseWest Point of the AirRecklessChina SeasRendezvous1936It Had to HappenUnder Two Flags Trouble for Two Craig's Wife 1937Night Must Fall Live, Love and Learn 1938Man-Proof Four's a Crowd The Citadel 1939Fast and Loose The Women 1940His Girl Friday Hired Wife No Time for Comedy This Thing Called Love 1941They Met in Bombay The Feminine Touch Design for Scandal 1942Take a Letter, Darling My Sister Eileen 1943Flight for Freedom What a Woman! 1945Roughly Speaking She Wouldn't Say Yes 1946Sister Kenny 1947The Guilt of Janet Ames Mourning Becomes Electra 1948The Velvet Touch 1949Tell It to the Judge 1950A Woman of Distinction 1953Never Wave at a WAC 1955The Girl Rush Picnic 1958Auntie Mame 1961A Majority of One 1962Five Finger Exercise Gypsy 1966The Trouble with Angels 1967Oh Dad, Poor Dad, Mamma's Hung You in the Closet and I'm Feelin' So Sad Rosie! 1968Where Angels Go, Trouble Follows 1971Mrs. Pollifax-Spy

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Forever Mame: The Life of Rosalind Russell de Bernard F. Dick Fotografías e bibliografía

Categoría:Actores de Connecticut Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Connecticut Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de New Haven, Connecticut Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Finadas por cancro de mama