Jason Joël Desrouleaux, nado en Miami (Florida) o 21 de setembro de 1989, é un cantante, compositor e bailarín estadounidense de orixe haitiana, máis coñecido como Jason Derulo.
Traxectoria Comezou a súa carreira escribindo cancións para diversos cantantes estadounidenses. No ano 2009 lanza o seu primeiro sinxelo "Whatcha Say" co selo Warner Bros. Records. O sinxelo alcanzou fama mundial, liderando as listas de éxitos en Estados Unidos, España, Reino Unido, Ucraína ou Canadá e vendendo máis de 2 millóns en iTunes, Amazon e outras plataformas.
O segundo sinxelo de Jason foi, "In My Head", lanzado en decembro de 2009, foi un éxito de vendas tamén, logrando encabezar a lista Billboard dos Estados Unidos. O seu primeiro álbum, Jason Derülo, lanzouse o 2 de marzo de 2010 a nivel mundial. O seu segundo álbum, Future History, lanzouse o 16 de setembro de 2011, o primeiro sinxelo deste álbum, "Don't Wanna Go Home chegou ó primeiro posto nas listas do Reino Unido. O 24 de setembro de 2013 sacou o seu terceiro álbum, Tattoos.
Primeiros anos Jason naceu no Rulo, Miami o 21 de setembro de 1989 de padres haitianos. Fixo concertos dende os 5 anos, e aos 8, escribiu a súa primeira canción, "Crush On You".
Estudou ópera, teatro e ballet na súa xuventude. Estudou na Dillard Center for the Arts en Fort Lauderdale, Florida e graduouse na American Musical and Dramatic Academy, en Nova York
Carreira 2006 - 2010: Comezos e Jason Derülo O 4 de agosto de 2009, Jason lanza o seu primeiro sinxelo, "Whatcha Say, que chega ao alto das listas internacionais rapidamente.
O seu álbum debut, Jason Derülo, lánzase o 2 de marzo de 2010. Ese mesmo ano, faría de abreconcertos para a xira polos Estados Unidos de Lady Gaga.
2011 - 2012: Future History e outros eventos En 2011, Jason grava xunto a Demi Lovato o sinxelo, "Together" para o seu álbum Unbroken. O seu segundo álbum, Future History lánzase o 27 de setembro de 2011.
2013 - actualidade: Tattoos e Dirty Talk O 16 de abril de 2013, Derulo edita o seu sinxelo, "The Other Side" que chega ás radios o 23 de abril de 2013. Derulo anunciaba mediante Twitter que o seu terceiro álbum se chamaría "Tattoos". O álbum era editado o 24 de setembro de 2013. O segundo sinxelo do álbum, "Talk Dirty", era lanzado internacionalmente o 27 de xullo de 2013 (dixitalmente). "Talk Dirty" chegou ao terceiro posto nas listas internacionais.
O 15 de abril de 2014 lanzarase o seu cuarto álbum, Talk Dirty.
Xiras Xiras de abreconcertos 2009 - 2010: The Monster Ball Tour, Lady Gaga 2010: The E.N.D World Tour, Black Eyed Peas, só nas datas no Canadá. Xiras propias 2010 - 2011: Jason Derulo World Tour 2014: Tattoos World Tour
Discografía Álbums Nome Data de lanzamento Jason Derülo 2 de marzo de 2010 Future History 16 de setembro de 2011 Tattoos 20 de setembro de 2013 Talk Dirty 15 de abril de 2014
Sinxelos
2009: "Whatcha Say" 2009: "In My Head" 2010: "Ridin' Solo" 2010: "What If" 2010: "The Sky's the Limit" 2011: "Don't Wanna Go Home" 2011: "It Girl" 2011: "Breathing" 2011: "Fight for You" 2012: "Undefeated" 2013: "The Other Side" 2013: "Talk Dirty" 2013: "Marry Me" 2013: "Trumpets" 2014: "Stupid Love" 2014: "Wiggle"
Colaboracións "Coming Home" - Pixie Lott - "Turn It Up Louder" "Together" - Demi Lovato - "Unbroken" "Test Drive" - Jin Akanishi - "Japonicana"
Filmografía Televisión Ano Título Personaxe Notas 2010 Turn the Beat Around El mesmo 2012 Everybody Dance Now El mesmo, mestre de danza Tempada 1 2012 State of Georgia) El mesmo Tempada 1, "The Popular Chicks"
Premios e candidaturas Ano Organización Premio Traballo Resultado2010Teen Choice Awards Mellor Artista Masculino El mesmo Candidato Mellor canción R&B "In My Head" Gañador Mellor álbum R&B Jason Derülo GañadorMTV Video Music Awards Mellor vídeo masculino "In My Head" Candidato Mellor artista novo "In My Head" CandidatoMTV Europe Music Awards MTV Europe Music Awards El mesmo Candidato MTV Europe Music Awards El mesmo Candidato ARIA Music Awards Mellor Artista Internacional El mesmo Candidato American Music Awards Novo Artista do Ano El mesmo Candidato2011NAACP Image Award Mellor artista novo El Mesmo CandidatoBMI Pop Music AwardsCompositor do Ano "In My Head", "Ridin' Solo", "Whatcha Say, Replay" Gañador50 Mellores actuacións do ano "Replay" GañadorTeen Choice AwardsMellor Artista MasculinoEl MesmoCandidatoMellor Canción R&B/Hip-Hop "Don't Wanna Go Home"NomeadoMellor Estrela - MasculinoEl mesmoCandidatoMOBO AwardsMellor Actuación InternacionalEl mesmoCandidato2012MTV Video Music Awards XapónMellor Vídeo de R&B"It Girl"CandidatoMTV Europe Music AwardsMellor Actuación InternacionalEl mesmoCandidato2013MOBO AwardsMellor Artista InternacionalEl mesmoCandidato
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cantantes de Florida Categoría:Nados en Miami, Florida Categoría:Nados en 1989 Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana