Os Mesomycetozoea (ou clado DRIP ou Ichthyosporea) son un pequeno grupo de protistas, principalmente parasitos de peixes e outros animais.
Importancia O grupo non ten características morfolóxicas especialmente distintivas, e nos tecidos hóspede onde se atopan aparecen como esferas ou óvalos dilatados que conteñen esporas, e a maioría foron clasificados orixinalmente en varios grupos de fungos, protozoos e algas. Porén, forman un grupo coherente nas árbores filoxenéticas moleculares, estreitamente relacionado cos animais e os fungos, polo que son interesantes para os biólogos que estudan as súas orixes. O seu nome indica a súa posición nas árbores filoxenéticas no medio ("Meso-") dos fungos ("-myceto-") e os animais ("-zoea"). Nun estudo de 2008 este clado emerxe firmemente como un grupo irmán do clado Filozoa, o cal inclúe os animais.
Philip Donoghue, despois de realizar tomografías de raios X de microfósiles da Formación Doushantuo ediacárica (ver fauna de Ediacara), interpretou estes microfósiles como cápsulas de esporas de mesomicetozoos.Douglas Fox, "How life got complicated", Discover Magazine, December 2012.
miniatura|Árbore dos eucariotas. Os "Ichthyosporea" están na parte inferior esquerda, no clado Opisthokonta. Os "Metazoa" son os animais, e os coanoflaxelados están aliñados moi estreitamente con eles. Os Fungi están ao outro lado do clado Opisthokonta, e os Cristidiscoidea están estreitamente aliñados a eles. Os Ichthyosporea están no medio ("Meso-") dos fungos ("-myceto-") e os animais ("-zoea").
Terminoloxía O nome DRIP que se lle dá a este clado é un acrónimo que se utilizou para o primeiro protozoo identificado membro deste grupo, Cavalier-Smith posteriormente considerou o grupo como unha clase denominada Ichthyosporea, xa que eran todos parasitos de peixes. As letras significan: orde Dermocystida "D": Dermocystidium. Unha especie, Rhinosporidium seeberi, infecta a paxaros e mamíferos, incluíndo os humanos. "R": o "axente roseta", agora chamado Sphaerothecum destruens orde Ichthyophonida "I": Ichthyophonus "P": Psorospermium
Como despois se engadiron novos membros ao grupo (por exemplo, as antigas ordes de fungos Eccrinales e Amoebidiales), Mendoza et al. suxeriu cambiarlles o nome a Mesomycetozoea, que indica a súa posición evolutiva entre os fungos e os animais. Nótese que o nome Mesomycetozoa (acabado en zoa en vez de en zoea) tamén se usa para referirse a este grupo, pero Mendoza et al. úsano como un nome alternativo do filo Choanozoa.
Notas
Categoría:Eucariotas
cs:Mesomycetozoa