miniatura|300px|"Resurrección".1499-1500. Por Perugino. A Resurrección de Xesús é o nome dado á fe cristiá de que Xesús de Nazaret retornou á vida o domingo seguinte ao venres na cal el foi crucificado. É unha doutrina central da fe e da teoloxía cristiá e parte do Credo Niceno: "Resucitou dos mortos ao terceiro día, conforme as Escrituras."Versión actualizada do Credo Niceno-Constantinopolitano presentada no Primeiro Concilio de Constantinopla (381), en Norman Tanner, New Short History of the Catholic Church, page 33 (Burns & Oates, 2011). ISBN 978-0-86012-455-9
Segundo o Novo Testamento, ocorreu ao terceiro día de que Xesús fose crucificado, morto e sepulto nunha tumba. O momento preciso da resurrección non se describe, nin aparece como presenciado por ninguén (nin sequera polos soldados que custodiaban o lugar); si a súa consecuencia: as miróforasAplícase moi pouco en masculino (miróforos), e designa os personaxes que interveñen en descubrimento da tumba baleira. A palabra grega Μυροφόροι transcrita ao latín como Myrophorae, literalmente significa "portadores da mirra". Ademais das Tres Marías, hai dous varóns que non interveñen neste episodio pero que se identifican coa mirra neste contexto: Nicodemo e Xosé de Arimatea, que interviñeron no descendemento da Cruz e embalsamaron o corpo de Cristo con mirra e aloes. Richard Bauckham, Jesus and the Eyewitnesses (Eerdmans Publishing Company: Cambridge, 2006. No contexto da natividade de Xesús, os Reis Magos levaron ouro, incenso e mirra como agasallo ao Neno. (tres Marías o santas mulleres) encontran a tumba baleiraStagg, Evelyn and Frank. Woman in the World of Jesus. Philadelphia: Westminster Press, 1978 ISBN 0-664-24195-6. (nun dos evanxeos, o de Mateu, no medio dun estrondo causado pola chegada dun anxo -nos demais evanxeos tamén aparecen anxos, aínda que noutra actitude-). A partir dese momento menciónanse varias aparicións de Xesús resucitadoTilborg, Sj. van and P. Chatelion Counet. Jesus' Appearances and Disappearances in Luke 24, Leiden etc.: Brill, 2000. en diversas ocasións, tanto a María Madalena (Noli me tangere) como aos apóstolos (Tomé, que mostrara a súa incredulidade,Glenn W. Most, Doubting Thomas. é invitado polo propio Xesucristo a meter a man na chaga do costado)Evanxeo de Xoán, 20: 24-29. Tradución na páxina web do Vaticano. e a outros discípulos (aos discípulos de Emaús e a un grupo de máis de cincocentos "irmáns").1 Corintios 15:6. Tradución na páxina web do Vaticano.
A resurrección de Xesucristo celébrase no calendario cristián coa festividade do Domingo de Pascua ou de resurrección. O domingo de resurrección denomínase tamén nos Συναξάριον synaxarion e calendarios litúrxicos da igrexa ortodoxa "domingo das miróforas co nobre Xosé.
Os textos evanxélicos datan o descubrimento da tumba baleira en o primeiro día da semana seguinte á celebración da pascua xudía (que é a festividade que se celebrou na Última Cea). A expresión ao terceiro día, que suscita unha curiosa controversia cronolóxica (menos de corenta e oito horas cóntanse como tres días), é a máis utilizada por recollerse no Credo: resucitou ao terceiro día, segundo as Escrituras; e provén dun fragmento do Evanxeo de Lucas: xa van tres días que sucederon estas cousas'' (a morte de Xesús)Lucas 24
Notas
Categoría:Eventos na vida de Xesús